O Concello de Culleredo lanza o Campamento de Primavera 2025 para a vindeira Semana Santa. O obxectivo é facilitar a conciliación. O prazo de preinscrición abre o luns 17 de marzo.
O Concello de Culleredo coincide plenamente coa ANPA do Conservatorio sobre a necesidade de obras de mellora no centro. O goberno local concorda co BNG e insta á Xunta a asumir o Conservatorio, ao que non achega nada de financiamento a pesar de ser a súa competencia.
Laura Raposo Vigo tomou posesión como concelleira do grupo municipal do BNG no pleno da corporación de Culleredo, celebrado o martes 28 de xaneiro de 2025.
O Concello de Culleredo estrea neste 2025 a súa nova sede electrónica, na que as persoas físicas e as empresas poden facer trámites de forma dixital sen necesidade de acudir de xeito presencial ao Concello. Pódese acceder a esta nova sede na dirección sede.culleredo.es, onde xa están habilitados máis de 30 procedementos. Ao longo do ano a cifra de procedementos irase incrementando con máis posibilidades.
A chegada dos Reis Magos espérase con ganas en Culleredo. O Concello organiza a Cabalgata do día 5 cun percorrido pola tarde na zona urbana, ademais das visitas das súas Maxestades aos centros sociais da zona rural.
O próximo 1 de xaneiro de 2025, o Concello de Culleredo pon en marcha a nova sede electrónica na que se poderán realizar trámites de forma integramente dixital por parte de persoas físicas e empresas sen necesidade de acudir presencialmente ao Concello.
O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, convida aos mozos e mozas a participar nos sorteos diarios do #AdventoCIPAX, que comezan o luns 9 de decembro e rematan o día de Reis, 6 de xaneiro.
O Concello de Culleredo lanza unha campaña para animar a realizar as compras de Nadal no tecido de establecementos locais. O goberno local impulsa varias actividades para incentivar a acudir aos negocios do municipio que levarán a cabo desde agora e ata Reis.
Este luns, 11 de novembro, empezaron os obradoiros prácticos en ecopercusión nos centros públicos do Concello de Culleredo, destinados ao alumnado de 3º de Educación Primaria. Este é o segundo ano que se desenvolverán estes obradoiros en Culleredo, sendo á súa vez a primeira actividade do curso 2024-25 do programa municipal ‘EducaCulleredo’.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER