O 12 de agosto, Culleredo vivirá un momento histórico que non se repetirá nas nosas vidas: unha eclipse total de Sol. Para garantir que a veciñanza e os visitantes poidan gozar deste grande espectáculo astronómico con total seguridade, o Concello vén de publicar unha guía cos horarios precisos e as recomendacións clave para a xornada.
O Concello de Culleredo organiza unha nova edición do Festival BurgoJazz. Será do 3 ao 6 de xullo no Xardín Botánico do Burgo, con accerso libre.
A xira 2026 dos Mojinos Escozíos fará parada no paseo marítimo do Burgo o vindeiro venres 3 de xullo a partir das 23.00 horas.
O Mercado Templario do Burgo do Faro volve un ano máis ao calendario de Culleredo, e faino cunha edición máis longa: cinco xornadas, do mércores 1 ao domingo 5 de xullo.
Os veciños e veciñas de Culleredo que queiran organizar unha lumarada, sardiñada ou churrascada na noite de San Xoán poden comunicalo ao Concello ata o vindeiro 20 de xuño. O alcalde, José Ramón Rioboo, fixo público un bando no que regula diversos aspectos do desenvolvemento das tradicionais cacharelas.
O goberno provincial resolveu as subvencións para a promoción do deporte, atendendo a todos os clubs que as solicitaron.
O Conservatorio Municipal de Música abre a inscrición nas probas de acceso ao 1º curso de grao profesional para o vindeiro curso 2026/27.
O Concello de Culleredo lembra que o vindeiro luns, 6 de abril, será festivo local en Culleredo con motivo da celebración do Luns de Pascua.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER