Culleredo promove unha campaña de compostaxe doméstica a traves do Consorcio As Mariñas

O Concello de Culleredo e o Consorcio As Mariñas lanzan unha nova campaña de compostaxe doméstica dirixida a todas as veciñas e veciños do municipio. A campaña ofrece formación gratuíta en Culleredo, entrega de composteiro e material para comezar na casa, e seguimento ás familias que xa compostan. 

Culleredo conmemorou con APEM o Día da Saúde Mental

O paseo marítimo do Burgo foi o escenario da andaina solidaria con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, organizada por APEM e o Concello de Culleredo. A iniciativa buscou como obxectivo principal visibilizar a importancia do benestar psicolóxico.

Culleredo celebrará o Día da Muller Rural o 17 de outubro no parque da Torre de Celas

O parque da Torre de Celas acollerá o vindeiro sábado 17 de outubro a celebración do Día da Muller Rural en Culleredo. A xornada, organizada polo Concello coa colaboración da asociación As Berenguelas, renderá homenaxe ao papel das mulleres no desenvolvemento e a vida do rural.
Distribuir contido

Boletíns Xuventude Culleredo

Consulta neste apartado os boletíns informativos de Xuventude Culleredo, onde poderás atopar unha selección de procesos selectivos, concursos, certames, convocatorias a premios, bolsas, axudas, obradoiros e cursos.

Convocatoria para la selección de operaciones dentro del plan de actuación integrado CULLEREDO RIA VIVA

Selección de las operaciones que se integren en el Plan de Actuación Integrado CULLEREDO RÍA VIVA, cofinanciado por el FEDER en el marco del Programa Plurirregional de España 2021-2027.

Culleredo acolle o martes 27 de outubro a formación e entrega de composteiros da campaña do Consorcio As Mariñas

O Concello de Culleredo e o Consorcio As Mariñas celebrarán o martes 27 de outubro as sesións de formación e entrega de material da nova campaña de compostaxe doméstica «Aproveita os teus residuos orgánicos, COMPOSTA!».

Formación gratuíta en competencias dixitais para impulsar a autonomía en persoas maiores

O Concello de Culleredo, en colaboración con Cibervoluntarios.org e a Fundación AEB da Asociación Española de Banca, ofrece formación gratuíta en competencias dixitais para impulsar a autonomía en persoas maiores.

Listado de mesas electorais

Publicase no bop do día 12 de outubro o listado de mesas electorais dos concellos da provincia de A Coruña, que se atopa no seguinte enlace: Listado BOP mesas electorais

Adxuntase o listado concreto das mesas do Concello de Culleredo.

Exposición do censo electoral - Eleccións ao Congreso dos Deputados e o Senado - 29/11/2026

Con motivo da celebración das Eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado o próximo 29 de novembro do 2026 e de conformidade co disposto no artigo 39.2 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, se procederá á exposición ao público do CENSO ELECTORAL vixente pechado a 1 de agosto de 2026, que reflexa a información recibida na Oficina do Censo Electoral referida ás altas, baixas e modificacións comunicadas ata o 30 de xullo de 2026, durante o período comprendido entre os días 12 e 19 de outubro do 2026, ambolos dous inclusive.

Prazas vacantes nas actividades municipais culturais e deportivas

A matrícula nas prazas vacantes poderá formalizarse desde o día 6 de outubro a partir das 09:00 horas de forma presencial no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. 

Listaxe definitiva de preinscrición en Iniciación I e Iniciación II para o curso 2026/27.

Os admitidos deben formalizar a matrícula do 28 ao 30 de setembro segundo as instruccións recibidas no seu correo electrónico. No caso de non completar o proceso de matrícula no prazo establecido, perderán a praza para este curso. 

Distribuir contido

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina