PIC - Punto de Información Catastral

O Concello de Culleredo dispón dun punto de información catastral no propio edificio consistorial, situado na rúa do concello nº 12, 15189 Tarrío, Culleredo.

O horario de atención ao público e de 9:00 a 14:00 horas

 Servizos que ofrece o Punto de Información Catastral:

  • Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital. 
  • Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade. 
  • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa á propia persoa solicitante.


Requisitos:

  • Libre acceso para a consulta e certificación de datos catastrais non protexidos que consten na Base de Datos Nacional do Catastro. 
  • Ser titular catastral, representante ou persoa autorizada por el, para a consulta e certificación dos datos catastrais protexidos dos inmobles da súa titularidade.

Documentación:

  • Acreditación da identidade: Documento Nacional de Identidade. 
  • Acreditación, de ser o caso, da representación ou da autorización.

Tratándose de datos catastrais protexidos, a normativa sobre os puntos de información catastral unicamente permite o acceso a estes servizos a quen figura inscrito no Catastro como titular catastral.

Polo tanto, a falta de coincidencia entre o NIF de quen figure como titular catastral e o da persoa solicitante, actúe por si ou por representación, determina que non poida ser atendida a solicitude, sendo nestes casos precisa a intervención da xerencia/subxerencia do Catastro, á que a persoa interesada debe desprazarse ou ben dirixir un escrito describindo a situación particular que impide o acceso aos datos catastrais protexidos e solicitando a corrección dos datos que se consideren erróneos.

Tampouco poderán atenderse no Punto de Información Catastral as solicitudes de quen se amparen nalgún dos supostos de interese lexítimo e directo establecidos no artigo 53 do Texto refundido da Lei do catastro inmobiliario.

 

Artigo 53. Acceso á información catastral protexida.

1. O acceso aos datos catastrais protexidos só poderá realizarse mediante o consentimento expreso, específico e por escrito da persoa afectada, ou cando unha lei exclúa este consentimento ou a información sexa recabada nalgún dos supostos de interese lexítimo e directo seguintes:

a) Para a execución de proxectos de investigación de carácter histórico, científico ou cultural auspiciados por universidades ou centros de investigación, sempre que se cualifiquen como relevantes polo Ministerio de Facenda.

b) Para a identificación dos terreos polos notarios e rexistradores da propiedade e, en particular, para o cumprimento e execución do establecido nol título V.

c) Para a identificación das parcelas colindantes, con excepción do valor catastral de cada un dos inmobles, por quen figuren no Catastro Inmobiliario como titulares.

d) Polos titulares ou cotitulares de dereitos de trascendencia real ou de arrendamento ou parcería que recaian sobre os bens inmobles inscritos no Catastro Inmobiliario, respecto a estes inmobles.

e) Polos herdeiros e sucesores respecto dos bens inmobles do causante ou transmitente que figure inscrito no Catastro Inmobiliario.


 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina