Estrutura Política

 

Área de Presidencia

Á Área de Presidencia correspóndelle a coordinación das diferentes áreas municipais, as relacións institucionais e protocolo , comunicación, política de información ao cidadán. Lle corresponde tamén as políticas de medio ambiente e servizos: a xestión dos servicios básicos municipais, ciclo da auga, recollida de residuos, limpeza de vías públicas, alumeado público.

 
Inclúese o mantemento de vías públicas e infraestruturas urbanas (mobiliario urbano, redes de servicios...), a inspección e control de servicios públicos que se prestan a través de terceiros, o mantemento e conservación de parques, xardíns e zonas verdes, así como o mantemento de edificios e instalacións municipais, a xestión da utilización da vía pública , as autorizacións relativas á posesión de animais potencialmente perigosos; a planificación das obras municipais, a preparación dos plans de obras e a aprobación de proxectos de obras de nova planta.
 
Correspóndelle tamén a esta área todas aquelas materias non asignadas expresamente a outra área de goberno.
 
Responsable político: D. José Ramón Rioboo Castro, Alcalde.
 
Sede: Casa do Concello
 
Rúa do Concello, 12 - Tarrío
 
Tlfno: 981 677 777

 

Área de Benestar social e Igualdade

Esta área xestiona as competencias municipais en materia de prestación de servicios asistenciais ós cidadáns, de atención ás situacións de marxinación e exclusión social, medidas de integración social, políticas de muller, atención á terceira idade e políticas de igualdade.

 
Nos campos de sanidade intégranse nesta área as políticas municipais de protección da salubridade pública, cemiterios e servicios funerarios.
 
Ocúpase tamén este área do voluntariado.
 
Responsable política: D. María Guadalupe Pombo Carril, 2ª Tenente de Alcalde.
 
Sede: Centro municipal de Servizos Sociais
 
Rúa Costa da Lonxa, 7 - O Burgo
 
Tlfno: 981 654 570

 

Área de Facenda, Patrimonio e Contratación

A esta área correspóndelle a xestión económica do Concello, preparación, seguimento e control dos orzamentos, política fiscal, preparación das ordenanzas fiscais e prezos públicos, seguimento e control de investimentos , xestión de pagamentos e cobramentos, autorización, disposición de gastos, recoñecemento de obrigas e ordenación de pagamentos, así como a aprobación das liquidacións de ingresos.

 
A esta área correspóndelle tamén a xestión patrimonial do Concello, inventario de bens, dereitos e obrigas, administración e defensa do patrimonio municipal.
 
No eido da contratación esta área asume a xestión dos procedementos de contratación do Concello.
 
Responsable política: Dª. Marta María Iglesias Becerra, 5ª Tenente de Alcalde.
 
Sede: Casa do Concello
 
Rúa do Concello, 12 - Tarrío
 
Tlfno: 981 677 777 

 

Área de Urbanismo

Esta área comprende a xestión das competencias municipais sobre a ordenación do territorio e o urbanismo, cuestións relativas a plans e instrumentos de ordenación urbanística, xestión urbanística, concesión de licencias urbanísticas e de actividades, disciplina urbanística, expropiacións por razóns de urbanismo, redacción de instrumentos de ordenación urbanística.

Responsable político: D. Diego Antonio Taibo Monelos, 1º Tenente de Alcalde.
 
Sede: Casa do Concello
 
Rúa do Concello, 12 - Tarrío
 
Tlfno: 981 677 777 

 

Área de Seguridade Cidadá, Recursos Humanos e Réxime Interior

Correspóndelle a este área a xestión da seguridade cidadá, control, organización do tráfico en vías urbanas, mobilidade, Policía e Protección Civil.

A esta área correspóndelle tamén a xestión de persoal, os aspectos relativos á organización do Concello e aos métodos de traballo, a coordinación do funcionamento da Administración municipal e a axilización da tramitación de procedementos.
 
Correspóndelle tamén o impulso e difusión do uso das tecnoloxías da información , o coñecemento no funcionamento da Administración, informática e administración electrónica.
 
Ese área asume tamén a radio municipal.
 
Responsable política: Dna. Marta María Figueroa Fuentes, 7ª Tenente de Alcalde.
 
Recursos Humanos e Réxime Interior
 
Sede: Casa do Concello
 
Rúa do Concello, 12 - Tarrío
 
Tlfno: 981 677 777
 
Seguridade Cidadá
 
Sede: Villa Lucinda
 
Rúa María Cagiao, 10 - Rutis
 
Tlfno: 981 677 755

 

 

Área de Desenvolvemento Socioeconómico, Turismo e Festas

Este área xestiona as políticas municipais tendentes á dinamización e potenciación da vida económica local , a fixación de obxectivos para a promoción das actividades económicas do Concello, as relacións cos axentes sociais e o fomento de actividades económicas, todo isto a través da cooperación en plans daquelas políticas públicas que incentiven ou propugnen o desenvolvemento de sectores productivos e de actividades económicas para un desenvolvemento axeitado da vida económica do municipio.
 
Esta área xestiona os plans de formación con organismos públicos,e os programas de cooperación así como a xestión das escolas obradorios.
 
Correspóndelle a esta área a xestión de políticas municipais en materia de comercio, e as relacións coas asociacións de empresarios e comerciantes.
 
No eido da dinamización local, correspóndelle a esta área a xestión de políticas municipais en materia de promoción dos valores turísticos do Concello, mercados, feiras, eventos e festas.
 
Responsable político: D. Juan Carlos Iglesias Lovelle, 4º Tenente de Alcalde.
 
Sede: Centro de Formación Pablo Picasso
 
Rúa Antonio Machado, s/n - O Burgo
 
Tlfno: 981 664 204

 

Área de Educación, Cultura e Participación Cidadá

Este área xestiona as políticas municipais de promoción da cultura e equipamentos culturais, museos e exposicións de acordo coas competencias que teña atribuídas o Concello, e o Conservatorio profesional de música. Tamén se ocupa este área da vixiancia do cumprimento da escolaridade obrigatoria e da cooperación coas Administracións educativas na obtención dos terreos necesarios para a construcción de novos centros docentes, a conservación, mantemento e vixiancia dos edificios de titularidade municipal destinados a centros públicos de educación infantil, de educación primaria ou de educación especial, e a utilización dos equipamentos educativos de competencia municipal e a programación.

No eido da participación cidadá correspóndelle a xestión das políticas municipais de participación cidadá.
 
Responsable política: Dª. María del Carmen Varela Corbelle, 3ª Tenente de Alcalde.
 
Concelleira delegada de Participación Cidadá e Conservatorio: Dª. María Penélope López Díaz
 
Sede: Edificio Servizos Múltiples
 
Rúa Ramón Cabanillas, 14 - O Burgo
 
Tlfno: 981 665 597

 

Área de Deportes e Ocupación do tempo libre

Este área xestiona as políticas municipais en materia de promoción do deporte, instalacións deportivas . As relacións con clubs, entidades e asociacións deportivas, así como a relación coas federacións deportivas.

Xestiona tamén as políticas municipais de ocupación do tempo libre dirixidas á mocidade, a programación de actividades e das infraestruturas, relacións con entidades xuvenís e locais de ensaio.
 
Responsable político:  D. Miguel Suárez García, 6º Tenente de Alcalde.
 
Sede: Edificio Servizos Múltiples
 
Rúa Ramón Cabanillas, 14 - O Burgo
 
Tlfno: 981 665 597
 

 

Corresponderá á Alcaldía, a través da Área de Presidencia, a coordinación do funcionamento das áreas municipais, así como a resolución das cuestións que xurdan en torno á adscrición a unha área determinada dunha concreta materia.

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina