Seguridade Cidadá

As oficinas da Policía local, Protección Civil e Educación viaria están situadas na rúa María Cagiao, nº 3-5, baixo, Fonteculler-Rutis, Culleredo.

Teléfonos:

  • 092
  • 981.677.755

Cadro de persoal:

  • 1 suboficial xefe do servizos de Seguridade Cidadá e Protección Civil.
  • 1 sarxento.
  • 5 cabos.
  • 19 gardas.
  • 1 auxiliar de policía.
  • 1 auxiliar administrativo (adscrito).

Funcións da Policía local:

Segundo o disposto no artigo 53 da Lei de forzas e corpos de seguridade, son funcións da Policía local as seguintes:

  • Protexer as autoridades das corporacións locais e vixiar ou custodiar os seus edificios e instalacións.
  • Ordenar, regular, sinalizar, denunciar infraccións e dirixir o tráfico no ámbito da súa competencia no solo urbano que legalmente se delimite, de acordo co que se establece nas normas de tráfico e seguridade viaria.
  • Instruír atestados por accidentes de circulación no ámbito da súa competencia dentro do solo urbano que legalmente se delimite.
  • Actuar como policía administrativa, no relativo ás ordenanzas, bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
  • Participar nas funcións da policía xudicial, na forma que establece o artigo 29.2 da Lei orgánica 2/1986, de forzas e corpos de seguridade.
  • Prestar auxilio, nos casos de accidentes, catástrofe ou calamidade pública, participando, na forma prevista nas leis, en canto á execución dos plans de protección civil.
  • Efectuar dilixencias de prevención e cantas actuacións tendan a evitar a comisión de actos delituosos no marco de colaboración que se estableza nas xuntas de seguridade.
  • Vixiar os espazos públicos e colaborar coas forzas e corpos de seguridade do Estado e coa Policía de Galicia na función de seguridade cidadá.
  • Cooperar na resolución dos conflitos privados cando sexan requiridos para iso.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina