Culleredo celebrará as Letras Galegas cunha Feira de Artesanía no Burgo

cartelA praza de Europa do Burgo acollerá o 17 de maio a Feira de Artesanía, que reunirá a unha trintena de artesáns do municipio e da área metropolitana, principalmente.  A feira estará a funcionar en horario de 11.00 a 15.00 horas e estará amenizada por diferentes actuacións a cargo de colectivos do municipio ou de grupos de actividades organizadas polo propio Concello.

O Concello inaugura unha exposición de debuxos e presenta dous libros de Alfredo Vázquez Casal

cartelO Concello de Culleredo organiza o mércores 16 , ás 20.30 h, no Xardín Botánico, o acto de presentación do poemario "O canto do galo" e da novela "Alma María. Historia de una amistad", e a inauguración da exposición Curvando trazos, de Alfredo Vázquez Casal. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 16 de xuño de 2012.

O Concello instala un punto de información turística en Coruña The Style Outlets

expositorO centro comercial Coruña The Style Outlets, ubicado en Alvedro, conta desde os últimos días cun expositor con información turística do Concello. O edil de Dinamización Local, Isidro Taibo, considera que os clientes do outlet, procedentes de toda Galicia, son visitantes potenciais de Culleredo e por iso apostou por ofrecer alí información turística.

Aberta a inscrición no IX Campus de Baloncesto "Verán Culleredo"

presentación do campusO Burgo acollerá do 25 ao 29 de xuño, primeira semana de vacacións escolares, o IX Campus de Baloncesto "Verán Culleredo", organizado polo Clube Baloncesto Culleredo, en colaboración co Concello e con Gadis Híper do Burgo. Os pequenos, ademais do deporte, desfrutarán de actividades acuáticas ou xogos no horario de 8.30 a 19.00 horas que permite a actividade.

Culleredo presenta un robot único en España para examinar as redes de colectores e evitar vertidos

robotAs redes de saneamento de Culleredo manteranse con tecnoloxía de última xeración. A nova unidade móbil de inspección de redes de colectores está dotada cunha cámara robotizada, tan avanzada no mercado que é a primeira da súa clase que se adquiriu en España. Este robot introdúcese nos colectores e vainos percorrendo para ver o estado e reparar avarías.

Campamentos Deportivos da Deputación 2012

cartelO Concello de Culleredo informa do proceso a seguir para os interesados en participar nos Campamentos Deportivos da Deputación da Coruña 2012. O prazo de inscrición estará aberto até o 1 de xuño. A quenda para os cullerdenses será do 15 ao 21 de xullo.

O Concello renovará o acceso desde Orro á Zapateira

O Concello de Culleredo acondicionará a entrada á Zapateira desde a parroquia de Orro. Trátase da estrada que parte desde o núcleo de Figueiras, que presenta un estado bastante deteriorado polo seu uso. A obra consistirá na pavimentación completa da estrada e custará 40.000 euros.

O II Descenso ao Xalo reunirá o domingo a más de 200 participantes

presentaciónO II Descenso ao Xalo celebrarase o domingo, concluíndo a proba en Celas de Peiro. O sábado terán lugar os adestramentos ao longo do percorrido que baixa do monte Xalo. Espérase a participación de máis de 200 deportistas.

Culleredo recibe a mostra de esculturas de Javier Aguilera

cartelCulleredo acolle desde este venres 27 de abril a mostra de
esculturas que, baixo o título Ex umbra in solem II, presenta o artista Javier Aguilera Navarro. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 26 de maio.

A compañía de teatro El Ruiseñor presenta a comedia grega "Tesmoforias"

cartelO Conservatorio de Culleredo albergará esta fin de semana a representación da compañía de teatro e danza El Ruiseñor, de Culleredo, que presentará a comedia grega "Tesmoforias". Os pases serán o sábado 28 de abril ás 20:30 horas e o domingo 29 ás 19:00 horas. As entradas están á venda na tenda ATHICUS de Acea de Ama.

XII mañás de campamento: campamentos que concilian

El Ayuntamiento de Culleredo licita la prestación del servicio denominado XII mañás de campamento: campamentos que concilian, mediante procedimiento negociado. Por ello, se abre el plazo de presentación de solicitudes de participación en la licitación.

Listas provisionais de admitidos e de agarda nas escolas infantís

O Concello publica as listas provisionais de admitidos e as de agarda das tres escolas infantís radicadas no municipio, de cara ao curso 2012-2013.

Listas de admitidos e de espera no programa "Mañás de campamento"

O Concello de Culleredo publica as listas de admitidos e de espera no programa "Mañás de campamento: campamentos que concilian".

O período de matrícula para os campamentos de xuño - xullo abranguerá do 21 ao 25 de maio. Para o campamento de agosto será do 2 ao 6 de xullo.

Tramitación do DNI no Concello de Culleredo

As vindeiras datas previstas para a tramitación do DNI no Concello de Culleredo son o 24 e 25 de maio de 2012, nas oficinas municipais de Vilaboa (Villa Melania). A cita podera pedir a partir do 1 de abril.

Informe de Avaliación Preliminar

Avaliación ambiental da proposta de revisión do Plan Director do Aeroporto da Coruña.

MESTRES/AS PARA IMPARTIR OS MÓDULOS FORMATIVOS DE DIVERSOS CURSOS AFD

Convocatoria. Convocanse probas selectivas mediante o sistema de concurso, para a selección, no seu caso, de mestres/as (persoal laboral temporal) para impartir os módulos formativos dos cursos de: atividades de xestión administrativa, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, montaxe de mobles e elementos de carpintería, montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión, e ebanista. 

O prazo para a presentación das solicitudes será de cinco días hábiles, desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP nº 74 de 19/04/2012).

Real Decreto-Lei 4/2012 de pago a provedores

Co gallo da aplicación do Real Decreto-Lei 4/2012 de Pago a Provedores aprobado polo Goberno de España, o concello Culleredo informa aos interesados como confirmar a súa adhesión ao plan e como consultar a súa inclusión no certificado de obrigas pendentes de pagamento enviado ao ministerio de facenda e administracións públicas.

Vacacións instalacións deportivas municipais na Semana Santa

Os polideportivos de Tarrío, Almeiras e Vilaboa permanecerán pechados do 5 de abril ata o 8 de abril ámbolos dous incluídos.

Vacacións actividades culturais e deportivas na Semana Santa

Actividades Deportivas Municipais. Vacacións de Semana Santa do 2 de abril ata o 8 de abril, ámbolos dous incluídos.