Educación e sensibilización social para a igualdade

¿Qué pretenden as actuacións no eido da educación e da sensibilización?

Este servizo agrupa todas as accións que, dirixidas á poboación en xeral, aos diferentes actores, interlocutores sociais, sociedade civil organizada e especialmente á poboación infantil e xuvenil, tentan de sensibilizar sobre a igualdade entre o home e a muller previndo situacións de discriminación feminina e loitando contra das actitudes sexistas.

¿Qué accións se levan a cabo?

 

OBRADOIROS DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE DIRIXIDOS A TODA A POBOACIÓN:

  • "CORRESPONDEMOS NA CASA": Obradoiro de habilidades domésticas e corresponsabilidade nas tarefas do fogar dirixidos a toda a poboación.
  • "CORRESPONDEMOS SEMPRE": Obradoiro de coeducación non sexista nas actitudes, expresión de emocións, uso da linguaxe e conductas sociais fronte ós modelos tradicionais estereotipados.
 

PROGRAMA CONVIVIR EN IGUALDADE: Para nenos, nenas e adolescentes dos centros educativos públicos de Culleredo.

 

 

CAMPAÑAS DE SENSIBILIZACIÓN SOCIAL SOBRE A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE HOMES E MULLERES E SOBRE A LOITA CONTRA A DISCRIMINACIÓN FEMININA NOS DISTINTOS EIDOS. CAMPAÑAS ANUAIS CON MOTIVO DO:

  • 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
  • 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Campaña 8 de marzo

8m cen anos de loita
 Cartel savvix
   


 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina