Educación Viaria

MOSTRA DE EDUCACIÓN VIARIA , CULLEREDO 2007

DATOS XERAIS

ORGANIZADOR:

CONCELLO DE CULLEREDO, concellarías de Educación e de Seguridade Cidadá.

DATA: sábado día 21 de abril de 2007 de 10:00 a 14:00 horas

LUGAR: instalacións da Fundación Deporte Galego en Acea de Ama.

COLABORADORES:

Fundación Deporte Galego, Dirección Xeral de Tráfico, bombeiros 112, Fundación pública urxencias sanitarias de Galicia-061, Cruz Vermella, garda civil de tráfico, Stop Accidentes, Protección Civil de Culleredo, J.R.S. Tuning club, Asociación Veterancar Coruña, S.M.D. Quads, YA-CAR, Nión Motor, Grúas Garaboa, Seguros Mapfre...

COLABORACIÓN ESPECIAL DE RADIO CULLEREDO.

PATROCINADORES:

Escola de condutores San Martín, Haley, Ópticos Sanchez Rubal, Vifer, Vaz-Pol Motor, S.L., AD Grupo Regueira S.A., Representaciones Sanjurjo, Bran-Serigrafic S.L., Autolavados Coruña e Begano, S.A....

ANTECEDENTES:

O Concello de Culleredo leva  16 anos traballando conxuntamente cos centros escolares do municipio no apoio á consecución de obxectivos de educación viaria que permitan á cidadanía responsabilizarse na prevención de accidentes.

Debido á repercusión que un comportamento inaxeitado nas vías públicas, tanto como peón como condutor , pode ter para un mesmo e para o resto da cidadanía, viuse a necesidade de achegar este programa a outros colectivos importantes que estaban a sufrir as desagradables consecuencias da siniestralidade viaria: o colectivo de persoas maiores, os/as adolescentes e os/as menores de 6 anos que, desgrazadamente,  engrosan moitas das estatísticas de feridos ou mortos que sistematicamente mostran diversos organismos oficiais.

Desde o curso 1999-2000,  estes programas das concellarías de Educación e de Seguridade Cidadá exclusivamente dirixidos a escolares, comezaron a impartirse noutros colectivos cullerdenses, poñéndose en marcha a  denominada 1ª Campaña de educación viaria escolar que, sen interrupcións, vai xa pola súa 8ª edición.

8ª Campaña de educación viaria escolar 2006-07

A 8ª Campaña de educación viaria escolar 2006-07 iniciouse no mes de setembro coa presentación da mesma en todos os centros municipais aos que vai dirixida, e a posta en marcha comezou no mes de outubro con diversas clases impartidas por 4 axentes especializados en educación viaria da Concellaría de Seguridade Cidadá.. No mes de decembro impartíronse diversos obradoiros  dirixidos aos cativos e cativas de 3 a 6 anos  e no mes de febreiro  a asesora pedagóxica da DXT, Raquel Navas, impartiu unha charla ás familias con alumnado en educación infantil. No 2º trimestre escolar todo o alumnado de 6º de primaria participa nas clases teóricas e prácticas. O alumnado de 3º e 4º de secundaria, así como o colectivo de persoas maiores, participou no 3º trimestre de curso nas clases  que impartiron os  especialistas en educación viaria. O alumnado do Centro Ocupacional municipal A Escada iniciou o programa no mes de outubro e rematarán o mesmo no mes de xuño, completándose así o programa no total de colectivos que o solicitaron.

Como clausura desta campaña, realízase esta Mostra de educación viaria coa intención de abarcar a toda a poboación e así conseguir un dos obxectivos da mesma: a concienciación do maior número posible de persoas da necesidade de responsabilizarse individual e colectivamente na prevención de accidentes nas vias públicas.

PARTICIPANTES:

1)  CRA de Culleredo ( E.I.). Todo o alumnado, nais e pais.

  • 2) CEIP Isaac Díaz Pardo. E.I. e 6º de primaria
  • 3) CEIP Ría do Burgo. . E.I. e 6º de primaria
  • 4) CEIP Sofía Casanova. . E.I. e 6º de primaria
  • 5) CEP Tarrío. . E.I. e 6º de primaria
  • 6) IES Blanco Amor. 3º e 4º da ESO
  • 7) Colexio A Ponte Pasaxe. E.I. e 6º de primaria
  • 8) Colexio Rías Altas. 6º de primaria
  • 9) Centro Ocupacional Municipal A Escada.
  • 10) Centros de maiores. 200 persoas asociadas.

Nº DE PARTICIPANTES:

Centros escolares: 1.209.

Nais e pais: 30.

Persoas maiores: 216.

Centro Ocupacional: 15.

O total de participantes nesta edición chega a preto de 1.500 persoas de entre 3 e 80 anos.

PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA ESCOLAR

Catro axentes especializados en educación viaria da Policía local de Culleredo impartiron o programa.

Unha técnica do Servizo municipal de Educación coordinou o mesmo.

OBXECTIVO XERAL:

Pretendemos:

Concienciar ao maior número posible de persoas da necesidade de responsabilizarse individual  e colectivamente na prevención de accidentes nas vias públicas.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

Segundo o colectivo co que traballamos, a metodoloxía e os obxectivos varían para axustalos ás diferentes realidades:

En EDUCACIÓN INFANTIL, pretendemos fomentar no neno/a, coa colaboración directa do profesorado e a familia, actitudes de conciencia cidadá e hábitos axeitados como peón e usuario de medios de transporte.

En EDUCACIÓN PRIMARIA queremos que coñezan os distintos tipos de  vìas  do contorno, os sinais e os perigos que afectan aos usuarios/as das vías públicas como peóns, que aprendan condutas e normas sobre o uso correcto do transporte público e privado e que adquiran responsabilidades como usuarios /as das vías públicas na súa faceta como condutores/as de bicicletas.

En EDUCACIÓN SECUNDARIA, e partindo das necesidades reais destas idades, sensibilizamos acerca da obriga de utilizar os dispositivos de seguridade xa sexa como pasaxeiros/as ou como condutores/as de vehículos a motor de dúas rodas.

No colectivo de PERSOAS MAIORES, facemos obradoiros nos que analizamos  hábitos e condutas incorrectas co obxectivo de favorecer cambios de actitudes nas súas facetas como peóns e usuarios/as de transportes individuais e colectivos.

QUE PRETENDEMOS

Informar e concienciar a toda a poboación en valores de responsabilidade cívica con respecto ás normas de seguridade viaria.

Para conseguir este obxectivo, pretendemos abarcar con este programa a totalidade da poboación escolar de Culleredo que se matriculou nos centros públicos e concertados, aos pais e nais que están, co seu exemplo,  influíndo para ben ou para mal nos/as seus/súas fillos/as,  chegar ao colectivo da mocidade que acaba de convertirse en condutora, aos colectivos de adultos en xeral que levan anos conducindo e conducíndose como peóns e que necesitan unha actualización de coñecementos, e aos colectivos de inmigrantes.

A ONDE QUEREMOS IR

1.- prevención = educación viaria

2.- investimento = mellora de infraestruturas

3.- vixilancia =  cumprimento das normas

Queremos conseguir un Culleredo máis seguro e sen accidentes, tal e como  indica o lema da campaña coa implicación de todos os servizos do Concello en particular e de toda a cidadanía en xeral.

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina