Consulta do planeamento urbanístico.

O concello de Culleredo dispón de P.X.O.U. aprobado o 29 de xullo de 1987 e a súa normativa publicada no BOP 226 de 30 de setembro de 1988. Ademais dispón como planeamento vixente dos sucesivos plans de desenvolvemento e modificacións aprobadas dende a data.

É importante ter en conta que este servizo recolle exclusivamente planeamento urbanístico, polo que as condicións edificatorias das parcelas poden verse alteradas en maior ou menor medida pola aplicación da Lei 02/16 do Solo de Galicia, ou por outra normativa de carácter sectorial (estradas, costas, aeroporto, patrimonio...) polo que se aconsella efectuar sempre unha consulta cos técnicos municipais para corroborar a información urbanística obtida no mesmo.

Actualmente o planeamento urbanístico de Culleredo pode ser consultado a través da páxina do SIOTUGA (Sistema de información de ordenación do territorio e urbanismo de Galicia), que pode ser accedido no seguinte enlace:

https://siotuga.xunta.gal/siotuga/visor

Para consultar o planeamento de Culleredo será necesario seleccionar no despregable titulado "Concello" o concello "Culleredo - 15031" 

Ordenacións urbanísticas aprobadas en desenvolvemento do plan vixente:

As modificacións do planeamento en tramitación poden ser consultadas no apartado Documentos sometidos a información pública da sede electrónica municipal, en tanto se atopen en período de exposición pública.

Unha vez que entren en vigor, poderanse consultar no SIOTUGA. 

Plan especial de dotacións para centro docente: O Castro British School:

 

 

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina