O programa de reforzo 'Perros y Letras' afiánzase en Culleredo tras cumplir catro anos desde a súa implementación

O programa “Perros y Letras” de READ España afiánzase en Culleredo ao cumprirse catro anos desde a súa implementación.  Esta mañá celebrouse unha sesión con persoas usuarias do Centro Ocupacional ‘A Escada’ e a cadeliña Nala, xunto á súa educadora e guía Laura González, coordinadora do programa na provincia da Coruña.

Culleredo achega o teatro a varios centros do municipio da man de Elefante Elegante

O Concello de Culleredo, a través da concellería de Participación Cidadá e Deportes, está a achegar o teatro a varios centros do municipio da man de Elefante Elegante, e dentro da iniciativa ‘Teatralízate’.

O Concello conmemora o Día Internacional da Muller cun encontro feminista no Xardín Botánico

O Concello de Culleredo conmemorou esta mañá o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, cun encontro feminista no Xardín Botánico do Burgo. 

O espectáculo “Vicio houbo sempre”, pistoletazo de saída a unha nova tempada de Culleredo en Escena

O Concello de Culleredo pon en marcha unha nova tempada do ciclo de artes escénicas Culleredo en Escena. A programación comeza este sábado, 9 de marzo, con “Vicio houbo sempre”, de Atenea García, un espectáculo de narración oral que pertence á Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Culleredo prepárase para conmemorar o Día internacional da Muller con exposicións, encontros sociais, obradoiros e unha andaina

O Concello de Culleredo prepárase para a conmemoración do Día Internacional da Muller, o vindeiro venres 8 de marzo, con exposicións, obradoiros, encontros sociais, faladoiros en Radio Culleredo e unha andaina.

O Concello oferta 100 prazas no campamento de Semana Santa 'Cullerolimpíadas'

O Concello de Culleredo organiza unha nova edición do Campamento de Primavera, que neste 2024 terá como elemento central os Xogos Olímpicos. “Cullerolimpíadas” desenvolverase durante os días de Semana Santa, concretamente o 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril no CEIP Vila de Rutis en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O Concello agradece o labor das persoas que integraron a brigada social de Culleredo os últimos 9 meses

O Concello de Culleredo quixo agradecer esta mañá, de man do concelleiro de Promoción Económica, Juan Carlos Lovelle, e de Comercio, Mario Iglesias, o labor das persoas que integraron a brigada social no municipio. Ambos os edís entregáronlles un detalle para recoñecer a súa achega  durante os últimos meses, agora que conclúe esta décima edición do programa.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina