Culleredo acolle este xoves os concertos da xira Los 40 Summer Live, con varios artistas invitados

O Concello de Culleredo acolle este xoves, 8 de agosto, os concertos da xira Los 40 Summer Live 2024, cun cartel de renome formado por artistas recoñecidos do panorama pop nacional. Será a partir das 21:00 horas na chaira do paseo marítimo do Burgo con entrada de balde. Haberá un dispositivo especial de seguridade e cortarase ao tráfico a avenida Juan Carlos I xunto á chaira.

 

CulleredoVivoVive

 
Dende o Concello de Culleredo estamos a traballar na iniciativa “VIVE CULLEREDOVIVO” que dá continuidade á anterior EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado) e aglutina outros proxectos de planificación territorial de gran relevancia para noso municipio.
 
 
 

Un operativo especial de seguridade regulará as festas do Burgo que empezan hoxe

As festas patronais do Burgo comezan hoxe, martes 23 de xullo. Son un dos festexos referencia en Galicia, e os veciños espéranas con expectación. Combinarán as verbenas, cos postos ou as grandes atraccións. O Concello contará cun plan especial de tráfico focalizado na seguridade do peón. Haberá un posto de mando avanzado das forzas e corpos de seguridade, posto sanitario avanzado, zona de ambulancias e bombeiros e un Punto Violeta. A avenida Juan Carlos I permanecerá cortada desde a glorieta da avenida da Coruña ata a rúa Anxo Senra.

Dispositivo especial de seguridade polas Festas de Vilaboa

O Concello establece un operativo especial de seguridade con motivo das Festas de Vilaboa, que se desenvolven desde o 12 ao 15 de xullo. Un posto de mando avanzado con cámaras de videovixilancia será unha das novidades. Ademais haberá un dispositivo de tráfico con zonas para os peóns e cortes de tráfico cada xornada.

Presentado Castelo Conta, que será do 19 ao 25 de agosto

O festival Castelo Conta celebrarase do 19 ao 25 de agosto de 2024 cunha proposta cultural sen igual, coa colaboración do Concello de Culleredo.

Entreculturas 2024

O Concello de Culleredo organiza a IV edición do ciclo Entreculturas, con propostas de diferentes disciplinas artísticas para todos os públicos.

Culleredo reúne a 450 nenos e nenas nos seus campamentos para a conciliación

O Concello de Culleredo ten en marcha os seus campamentos de verán para a conciliación cunha gran acollida entre as familias. Un total de 450 pequenos e pequenas de 3 a 12 anos de idade participan nalgunha das quendas que funcionarán os meses de xullo e agosto.

Rioboo e Formoso apostan polo proxecto de centro de investigación na antiga Cros

O alcalde de Culleredo e o presidente da Deputación da Coruña visitaron hoxe as instalacións do CETIM, no polígono de Alvedro, unha fundación en crecemento no sector da innovación e a investigación. Apostan polo proxecto de centro de economía circular na antiga Cros.

O Mercado Templario encherá de animación o paseo do 4 ao 7 de xullo

O Mercado Templario de Burgo de Faro é fiel á súa cita anual e desenvolverase este ano desde este xoves 4 ata o domingo 7 de xullo.

O Concello celebra o Festival BurgoJazz do 5 ao 8 de xullo no Botánico

Culleredo converterase un ano máis no epicentro da música jazz de Galicia acollendo a XXIII edición do Festival Burgojazz. A cita será, como é habitual, no Xardín Botánico do Burgo, do 5 ao 8 de xullo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina