Torneo de Chave 'Concello de Culleredo 2019'

O parque de Celas será a contorna escollida para a celebración da trixésimo oitaba edición do Torneo de Chave 'Concello de Culleredo 2019'.

O 18 de maio reuniranse os equipos de Aldea, O Xismo, O Burgo, Portazgo, Almeiras, Boedo e Acea de Ama, que competirán polo galardón a partir das 17:30 horas.

Baixo a dirección técnica do Club de Chave O Xismo, e o club Irmandade da Chave, e a organización do Concello de Culleredo, conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña. 

 

 

Campamentos Deportivos 2019 · Deputación da Coruña

Campamentos Deportivos 2019 · Deputación da Coruña

Concurso de Graffitti · Culleredo 2019

Concurso de Graffitti · Culleredo 2019

Datas e probas de acceso ao curso 2019/20 Conservatorio Profesional de Música de Culleredo

Datas e probas de acceso ao curso 2019/20 Conservatorio Profesional de Música de Culleredo

Bases e rutas do Concurso de Tapas "Rutas Barítimas 2019"

Bases e rutas do Concurso de Tapas "Rutas Barítimas 2019" 

Feira de Artesanía

O vindeiro 17 de maio, día das Letras Galegas, terá lugar a Feira de Artesanía no Concello de Culleredo, na praza do Burgo. 

Programación infantil de maio no Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo programa diversas actividades culturais para o mes de maio entre os máis pequenos. 

O 3 de maio, o Contacontos de Dragona Ramona "Pete o gato", entrada libre a partir de 3 anos. Será no edificio de Servizos Múltiples, no Burgo. 

O 8 de maio, o cancioneiro multicultural, para nenos de todas as idades. Será en Voña ,eñamoa. em Voñabpa- 

O 10 de maio, o obradoiro "Postais primaverais". Para inscribirse, na mesma semana na biblioteca, para nenas e nenos de 7 a 12 anos. Ofrecerase no edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

O 15 de maio, o Edificio de Servizos Múltiples do Burgo acollerá os "Contos para bebés". Hai que recoller invitación a partir das 16:30 horas na biblioteca. De 0 a 3 anos ás 17:00 horas.

O 24 de maio, en Vila Melania, terá lugar o contacontos coa Dragona Ramona "Pete o gato", entrada libre a partir de 3 anos.

II Certame de teatro inclusivo APEM

O xoves 2 de maio celebrarase no edificio de Servizos Múltiples, ás 17:30 horas, o II Certame de Teatro Inclusivo APEM - Asociación Pro Enfermos Mentales.

Contaremos coas actuacións de:

- Os vellucos de Cosme.
- APEM Culleredo.
- APEM Carballo, presentando "Cambiouche ben o conto".

Aberta a inscrición no programa Cullerchef para este segundo trimestre de 2019

O Concello de Culleredo convoca unha nova edición do seu programa Cullerchef, de cociña saudable, para o segundo trimestre deste ano 2019. A inscrición pode efectuarse desde hoxe 22 de abril ata cubrir prazas.

Mañás de campamento 2019

Presentamos as 'Mañás de campamento' do Concello de Culleredo. As familias interesadas poden imprimir a ficha para entregar do  día 22 de abril e ata o 3 de maio, ambos os dous incluídos, ao Servizo Municipal de Educación no Edificio de Servizos Múltiples.

 

 

 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina