Tertulia de arte: "Estratexias da visibilidade na arte", con Luisa Valdés

Data : 
31/01/2019 - 19:30 - 21:00

O xoves 31 de xaneiro terá lugar, na sala de vídeo do edificio de Servizos Múltiples do Burgo, a tertulia de arte con título "Estratexias da visibilidade na arte", con Luisa Valdés. Será de 19:30 a 21:00 horas. 

Cullercontro en 44:05 con César Wonemburger

Data : 
31/01/2019 - 19:30 - 20:30

O xoves 31 de xaneiro, o Conservatorio de Música de Culleredo albergará o "Cullercontro" con César Wonemburger, director artístico de Amigos da Ópera da Coruña. Comezará ás 19:30 e a entrada será libre. 

Concerto de piano dos alumnos e alumnas do profesor Vicente Castro

Data : 
29/01/2019 - 18:30 - 19:30

O 29 de xaneiro celebrarase un concerto de piano a cargo dos alumnos do profesor Vicente Castro no Conservatorio de Música de Culleredo. Será ás 18:30 horas, e a entrada é de balde ata completar aforo. 

Viaxe termal ao Balneario Augas Santas de Pantón (Lugo)

Os días 19 e 20 de febreiro realizarase unha viaxe ao Balneario Augas Santas de Pantón, na provincia de Lugo. 

Contacontos coa Dragona Ramona

Data : 
25/01/2019 - 18:30 - 19:30

Contacontos coa Dragona Ramona: "Os tres bandidos." Ás 18:30 horas na Biblioteca Cardeso Liñares, de Vilaboa. Pensada para nenas e nenos a partir de 3 anos. A entrada é libre. 

Tertulia de arte

Data : 
24/01/2019 - 19:30 - 21:00

Tertulia de arte: Estratexias da visibilidade na arte, coa artista Luisa Valdés. Terá lugar na sala de vídeo do edificio de Servizos Múltiples do Burgo, de 19:30 a 21:00 horas. A entrada é libre.

Contacontos de bebés

Data : 
23/01/2019 - 17:00 - 18:00

Contacontos para bebés o mércores 23 de xaneiro, na biblioteca González Garcés do Burgo. Ás 17:00 horas, pensada para nenas e nenos de 0 a 3 anos. Recollida de invitacións o mesmo día na biblioteca. 

Segundo trimestre de `Cullerchef´ no Concello de Culleredo

De xaneiro a marzo, terá lugar en Culleredo o segundo trimestre dos obradoiros de cociña saudable `Cullerchef´.

Tramitación do DNI en Vilaboa

As vindeiras datas previstas para a tramitación do DNI no Concello de Culleredo son os días 8 e 11 de marzo de 2019, en horario de 9:00 a 12:30 horas, nas oficinas municipais de Vilaboa, situadas no Pazo Vila Melania (avda. de Vilaboa, número 44).

Xogaeduca no Concello de Culleredo

Data : 
20/01/2019 - 10:00 - 13:30

O domingo 20 de xaneiro terá lugar no pavillón do colexio Rías Altas o Xogaeduca.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina