O Concello abre mañá o prazo de inscricións para a Feira de Artesanía que se celebrará o vindeiro 17 de maio

O Concello de Culleredo abre mañá, venres 19 de abril, o prazo para participar na Feira de Artesanía do próximo 17 de maio, actividade coa que se conmemora no municipio o Día das Letras Galegas.

Será en Praza Europa. Para as persoas interesadas, a Administración puxo ao dispor un formulario web ao que poden acceder como ben se indica na web e redes sociais municipais.  Estará aberto ata o 3 de maio 14:00 horas.

Se se desexa ampliar información, está dispoñible o correo feira.artesania@culleredo.es e o teléfono 981 66 55 97. O evento celebrarase, como ben diciamos con anterioridade, o 17 de maio, en horario de 11:00 a 20:00 horas.

Poderán concorrer todas as persoas interesadas que teñan unha produción exclusivamente artesanal e de elaboración propia. Enténdese por artesanal toda aquela produción na que a contribución manual sexa o principal compoñente do produto final, sexan cales sexan as ferramentas empregadas no proceso.

Ata 40 espazos son os ofrecidos para colocar os postos artesáns. O número pode variar en función da propia loxística do evento e do número de solicitudes que se presenten. De non acadarse un número mínimo de participantes, a celebración do evento pode ser suspendida.

A lista coas persoas admitidas publicarase o día 6 de maio nas canles oficiais do Concello de Culleredo. Para máis información, consulta o arquivo .pdf adxunto nesta nova. 
 

Vista previaAdxuntoTamaño
condicions_de_participacion.pdf186.87 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina