Campionato de Tute Concello de Culleredo

Celebrarase nas sedes das asociacións de veciños ou no lugar que nomee a organización. O mínimo de parellas por sede será 5 e só se poderá participar nunha sede. 

Cada sede determinará os sistemas de xogo, así como as normas para a 1ª fase, que deberá finalizar na última semana de marzo de 2020. 

 

Novo corte no subministro da rede eléctrica

UFD Distribución Electricidad comunicoulle ao Concello de Culleredo que se producirán novos traballos de mantemento e mellora da rede eléctrica, polo que se procederá ao corte na rede nas seguintes localizacións, o vindeiro 19 de decembro de 0:00 a 6:00 horas.
 
O Burgo- Santiago (Anxo Senra Fernández número 2, 4, 6; Manuel Azaña número 1,3 e 5 e Pintor Julio Fernández Argüelles número 2010, 9996).
 
 

 

Culleredo di NON ao acoso escolar

No Concello de Culleredo, realizouse unha Campaña contra o Acoso escolar baixo o título "Eu non son cómplice", que se está a levar a cabo entre decembro de 2019 a maio de 2020, nas aulas de 1º ESOº dos centros públicos municipais. 

Aviso de corte no subministro eléctrico

Co fin de elaborar tarefas de mantemento na rede eléctrica, a empresa UFD Distrubición comunicoulle ao Concello de Culleredo que se efectuará un corte no subministro de 3:00 a 7:00 horas o vindeiro 17 de decembro.

Desculpen as molestias. 

Inscrición no coro de adultos

Ante o comezo do Programa municipal da Coral de Adultos do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo, dirixido aos veciños e veciñas do concello maiores de 18 anos, que se inicia no mes de xaneiro de 2020 e se estende ata o mes de xuño de 2020.

Sorteo de prazas para a campaña de Inverno da Deputación

O sorteo de prazas para a Campaña de Inverno celebrarase o vindeiro 17 de decembro, ás 9:30 horas, na sala de vídeo do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. 

XLIV Concurso-Exposición Ornitolóxico

A Aula de Natureza do Xardín Botánico acollerá do 13 ao 22 de decembro o XLIV Concurso-Exposición Ornitolóxico, impulsado pola Sociedade Coruñesa de Canaricultura. 

Papá Noel, os Reis Magos, o Apalpador e o Carteiro Real visitarán Culleredo

Papá Noel, os Reis Magos, o Apalpador e o Carteiro Real visitarán Culleredo.

Festa de Nadal +65 en Culleredo

O venres 20 de decembro terá lugar a Festa de Nadal +65 no Centro Cívico Virxinia Blanco, de Fonteculler.

Obradoiros de Nadal para a mocidade

O Concello de Culleredo promove este Nadal os obradoiros para a mocidade. 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina