Culleredo acolle o martes 27 de outubro a formación e entrega de composteiros da campaña do Consorcio As Mariñas

O Concello de Culleredo e o Consorcio As Mariñas celebrarán o martes 27 de outubro as sesións de formación e entrega de material da nova campaña de compostaxe doméstica «Aproveita os teus residuos orgánicos, COMPOSTA!». Haberá dúas quendas para facilitar a asistencia: ás 12:00 e ás 16:30 horas, no Edificio de Servizos Múltiples.

As sesións son gratuítas e ensinan a compostar paso a paso: que residuos se poden botar no composteiro, como manter o equilibrio entre restos húmidos e secos, e cando e como usar o compost. Ao remate, as persoas participantes recibirán o composteiro e o material para comezar a compostar na casa.

As persoas que xa se anotaron recibirán unha chamada do equipo da campaña para confirmar a súa asistencia. Quen aínda non o fixese pode anotarse en http://consorcioam.rsu.gal/ para axilizar a entrega de material, aínda que tamén pode acudir á sesión sen inscrición previa e anotarse alí mesmo.

Culleredo forma parte dos oito concellos do Consorcio As Mariñas (Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada), onde a campaña desenvolverá 36 accións de formación e sensibilización. A campaña diríxese tamén aos máis de 3.000 fogares que xa teñen composteiro no territorio, que recibirán unha chamada dos mestres composteiros para resolver dúbidas.

O obxectivo do Consorcio é aumentar un 5 % os fogares que compostan activamente e producir arredor de 27.375 kg máis de compost ao ano.

Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do programa FEDER Galicia 2021 - 2027.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina