Consulta neste apartado os boletíns informativos de Xuventude Culleredo, onde poderás atopar unha selección de procesos selectivos, concursos, certames, convocatorias a premios, bolsas, axudas, obradoiros e cursos.
Cobertura de prazas baleiras no Centro Ocupacional A Escada para o ano 2026-2027.
Do día 28 de maio ao 3 de xuño ábrese o prazo no Conservatorio Municipal de Música de Culleredo para inscribirse nas probas de acceso a 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de grao profesional.
Do día 28 de maio ao 3 de xuño abrése o prazo no Conservatorio Municipal de Música de Culleredo para as probas de acceso a 2º, 3º e 4º de grao elemental.
O Servizo de Xuventude do Concello de Culleredo convoca os campamentos do CIPAX de 2026, tanto o de deportes alternativos como o náutico H2O.
O Conservatorio Municipal de Música de Culleredo publica o calendario de inscrición, probas de acceso e matrícula para o curso 2026/2027.
O Concello de Culleredo abre o xoves 23 de abril o prazo de solicitude para participar na Feira de Artesanía, que se celebrará o 17 de maio na praza Europa do Burgo con motivo do Día das Letras Galegas. A actividade está organizada pola Concellaría de Cultura.
O Concello de Culleredo continúa coa campaña de compostaxe doméstica, coa que busca fomentar a correcta xestión dos biorresiduos nos fogares e promover prácticas máis sostibles no municipio.
Novo período de inscrición no proxecto de formación dos hortos urbanos para asociacións municipais de ámbito social.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER