Radio Culleredo

Escoita Radio Culleredo na frecuencia 101.2 FM

Logotipo de Radio Culleredo

PROGRAMACIÓN 2025

DE LUNS A VENRES:

09:00-09:45  Informativo matinal "Primeira Hora" , presentado por Francisco Díaz.

10:00-10:05  Boletín Informativo.

  • 10:05-10:55 "Na Cresta da Onda".

11:00-11:05  Boletín Informativo.

11:05-11:55  "Na Cresta da Onda".

12:00-13:25  "A Terraza", programa-revista de variedades adicado a entrevistas de actualidade do municipio e comarcas. Inclue avances informativos ó comezo incluindo deportes e o remate do mesmo, e seccións fixas semanalmente. Presentado por Francisco Díaz.

13:30-14:15  Informativo xeral "Noticias Mediodia", con Francisco Díaz , inclúe informativo deportivo con Oscar Romero de 13:55 a 14:15.

14:15 Programación musical .

 

SECCIONS FIXAS DO PROGRAMA "A TERRAZA".

LUNS:

"Falando de Consumo", en colaboración coa Federación Galega de Euroconsumo, coa participación de Ana García Rodiño, técnica especialista en Consumo e integrante da citada Federación.

"Todo Fútbol", adicado á actualidade futbolística de 1ª e 2ª División, especialmete pensado para os cullerdenses integrantes das peñas futbolísticas do municipio. Coa colaboración de Fernando Blanco, adestrador de fútbol e ex-presidente (e presidente de honra) da Escola Galega de Adestradores de Fútbol.

MARTES:

" En clave social",  aborda a actividade dos Servizos de Benestar do municipio e as temáticas de actualidade na materia distribuido  nos seguintes programas.

  • 1º e 3º martes de cada mes : "Onda Actualidade", espazo para información , valoración e orientación social, dentro do proxecto municipal de información comunitaria aberta.
  • 2º e 4º martes de cada mes : " Onda Activa", encadrado no programa municipal de Sanidade para a promoción da vida saudable, a inserción social, as accións para un envellecemento activo e os Espazos e Aulas de Benestar.

" Crónicas cínicas" espazo adicado ó cinema e ás series de TV, coa intervención de Fernando Sampedro, xornalista especializado en cine e televisión.

MÉRCORES:

"Punto en Boca", unha aproximación ó teatro, ás artes e , en definitiva, á vida dende a costura e outros oficios a traverso dunha optica feminina e feminista. Con Raquel Crespo e Cristina Ramallo.

"Flipas co Cipax", coa actualidade do Centro municipal de Información Xuvenil (CIPAX).

e ademais...

  • 2º e 4º mércores de mes : "Onda de Tertulia", en colaboración co programa municipal sobre sensibilización e visibilización de diversidade funcional e co proxecto de apoio as asociacións sociosanitarias. Consiste nunha tertulia con usuarias e usuarios do centro de Rehabilitación social e Laboral que a Asociacion Pro Enfermos Mentais (APEM) ten no Burgo.
  • 3º mércores de mes (alternos)  "Onda Feminista", encadro do pla municipal para a igualdade de xénero e empoderamento da muller , e "Onda da Diversidade", centrado nas actividades do Centro Ocupacional "A Escada" para a discapacidade intelectual.

 

XOVES:

" En Clave Social Asociacións", espazo para dar voz ás asociacións locáis que traballan no social.

"No nome do Rock&Roll", adicado a actualidade e a axenda de música Rock na comarca, coa colaboración de Fernado Sampedro, xornalista especializado en información musical, escritor e promotor de concertos.

 

VENRES

"Un Galo para Asclepio", programa sobre a saúde emocional e coaching con Cristina Ramallo, coach e terapeuta.

"A Acea da Saude" , tempo para a divulgación sobre temas de saude e sobre os servicios sanitarios, a cargo do persoal técnico do Servizo de Atención Primaria de Culleredo.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina