Á área de Presidencia correspóndelle a coordinación das diferentes áreas municipais, as relacións institucionais, protocolo, planificación estratéxica, comunicación social (web municipal, redes sociais, radio e periódico municipais).
Ocúpase esta área da planificación estratéxica, mobilidade e transporte.
Correspóndenlle tamén a esta área todas aquelas materias non asignadas expresamente a outra área de goberno.
Corresponderá á Alcaldía, a través da Área de Presidencia, a coordinación do funcionamento das áreas municipais, así como a resolución das cuestións que xurdan en torno á adscrición a unha área determinada dunha concreta materia.
Esta área xestiona as competencias municipais en materia de prestación de servizos asistenciais aos cidadáns, de atención ás situacións de marxinación e exclusión social, medidas de integración social, programas de inserción laboral, políticas de muller e atención aos maiores. Correspóndelle a esta área tamén as políticas municipais de igualdade entre homes e mulleres e e contra a violencia de xénero.
Nos campos de sanidade intégranse nesta área as políticas municipais de protección da salubridade pública, cemiterios e actividades funerarias.
Ocúpase esta área do voluntariado.
Tamén xestiona as políticas municipais en materia de promoción do deporte, instalacións deportivas, as relacións con clubes, entidades e asociacións deportivas, así como a relación coas federacións deportivas.
Esta área comprende a xestión das competencias municipais sobre a ordenación do territorio e o urbanismo, cuestións relativas a plans e instrumentos de ordenación urbanística, xestión urbanística, concesión de licenzas urbanísticas e de actividades, comunicacións previas e declaracións responsables de obras e actividades, disciplina urbanística, expropiacións por razóns de urbanismo, redacción de instrumentos de ordenación urbanística.
A esta Área correspóndelle a xestión da seguridade cidadá, control e ordenación do tráfico en vías urbanas, emerxencias, policía local.
No eido de persoal correspóndelle a xestión de persoal, os aspectos relativos á organización do Concello e ós métodos de traballo.
A esta área correspóndelle a preparación dos orzamentos, o seguimento e control dos orzamentos, política fiscal, preparación de ordenanzas fiscais e prezos públicos, seguimento e control de investimentos, autorización, disposición de gastos, recoñecemento de obrigas e ordenación de pagamentos, así como da aprobación das liquidacións de ingresos.
Correspóndelle tamén o impulso e difusión do uso das tecnoloxías da información e a Administración electrónica, a promoción e implementación das TIC de xeito transversal, o control de ferramentas tecnolóxicas hardware e software a coordinación do funcionamento da Administración municipal, a axilización da tramitación de procedementos .
Correspóndelle tamén a xestión patrimonial do Concello, inventario de bens, dereitos e obrigas, administración e defensa do patrimonio municipal.
No eido da contratación esta área asume a xestión dos procedementos de contratación do Concello.
No eido dos servizos xestiona os servizos básicos municipais, ciclo da auga, recollida de residuos, limpeza de vías públicas, alumeado público. Inclúese o mantemento de vías públicas e infraestruturas urbanas (mobiliario urbano, redes de servizos...), a inspección e control de servizos públicos que se prestan a través de terceiros, o mantemento e conservación de parques, xardíns e zonas verdes, así como o mantemento de edificios e instalacións municipais, a xestión da utilización da vía pública , as autorizacións relativas á posesión de animais potencialmente perigosos.
No eido do medio ambiente correspóndelle a xestión das políticas municipais de medio ambiente.
Asemade correspóndelle a planificación das obras municipais, a preparación dos plans de obras e a aprobación de proxectos de obras de nova planta.
A esta área correspóndelle a xestión das políticas municipais de participación cidadá, o impulso e coordinación do asociacionismo municipal, rexistro de asociacións , coordinación dos consellos sectoriais, coordinación da atención ao cidadá, persoal e telefónica, seguimento das queixas e suxestións dos cidadás tanto as presentadas no Concello como as formuladas ante/polo Vaedor do Pobo e,a participación dos cidadás no uso das tecnoloxías da información e das comunicacións, e a análise do estado das parroquias a través do cidadá , así como a posta en valor do medio rural.
No ámbito da educación esta área se ocupa da vixilancia do cumprimento da escolaridade obrigatoria e da cooperación coas Administracións educativas na obtención dos terreos necesarios para a construcción de novos centros docentes, a conservación, mantemento e vixilancia dos edificios de titularidade municipal destinados a centros públicos de educación infantil, de educación primaria ou de educación especial, e a utilización dos equipamentos educativos de competencia municipal e a programación.
A esta área correspóndelle a xestión da protección civil e das políticas municipais de ocupación do tempo libre dirixidas á mocidade, a programación de actividades e das infraestruturas e as relacións con entidades xuvenís.
Ocúpase tamén esta área do voluntariado
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER