Os técnicos municipais, realizaron hoxe a inspección e avaliación de danos ocasionados por esta obra no edificio da Avenida de Rutis, que afectou ao subministro de auga e de luz pública.
Para evitar riscos, e dadas as inclemencias meteorolóxicas, procedeuse a cortar a vía en ambos sentidos de circulación na Avenida de Rutis, diante da obra.
O Concello instou á empresa construtora do edificio a que tome medidas de maneira inmediata co obxectivo de asegurar a zona.
O servizo de auga xa está restablecido e volvendo á normalidade, mentres que rede eléctrica da iluminación pública está parcialmente danada debido á caída dun poste de luz, polo que hai varios puntos de luz públicos afectados.
A empresa dispoñía do mapa de conducións de redes e de servizos, polo que tiña que ter tomado medidas para evitar esta incidencia. O Concello de Culleredo procederá a abrir expediente á empresa.
A primeira hora da mañá de hoxe, sábado 22 de marzo, tivo lugar unha rotura na rede de abastecemento de auga en Acea de Ama, causados polos traballos na obra dunha edificación particular, que provocou o derrumbe de parte da beirarrúa, afectando ás tubaxes.
Isto causou a rotura dunha das conducións de auga ao Burgo e provocou cortes e pérdida do caudal en practicamente todo o núcleo desta zona.
Os operarios do servizo de abastecemento de auga municipal xa restableceron o subministro, pero a zona poderá ter episodios puntais de turbidez na auga que irán remitindo ao longo da mañá.
Desde o Concello de Culleredo agardamos que o servizo volva á normalidade na maior brevidade posible.
Auditoría e plan de actuacións sobre perdas de auga na rede de abastecemento (Lei 9/2019, do 11 de setembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario).
Perfil do contratante: Expediente-UCP/2024/24
Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024
Centro directivo: Axencia galega de desenvolvemento rural
Axuda pública: 44.585,25€
Proxecto: Arranxo dun vial municipal no núcleo de Fornos. Culleredo.
Fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural.
Europa inviste no rural
O Concello de Culleredo informa de que na noite de hoxe, martes 1 de setembro, permanecerá sen servizo parte da iluminación pública da avenida Niceto Alcalá-Zamora por motivo das obras nun establecemento industrial que se está a construír na contorna.
O Concello de Culleredo informa do corte ao tráfico que experimentará a rúa Profesor Tierno Galván desde mañá xoves 27 de agosto. Débese ás obras que acomete Unión Fenosa no tramo da liña de alta tensión que comprende entre Acea de Ama e Vilaboa.
O Concello de Culleredo emprenderá un novo plan para ampliar o servizo de saneamento de augas residuais en diversos núcleos. Será un investimento de 260.000 euros, procedentes das arcas municipais, para responder a peticións trasladadas polos veciños.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER