Medioambiente e Servizos

Culleredo e Cambre completaron a renovación da iluminación da ponte do Burgo

Os Concellos de Cambre e Culleredo acaban de completar o seu proxecto conxunto da mellora da iluminación na ponte antiga do Burgo, que une os dous municipios. Os traballos consistiron na renovación das luminarias e mellora do sistema, que levaba tempo con deficiencias.

Completada a mellora da rede de auga en 12 rúas do municipio

O Concello de Culleredo finaliza as obras de renovación da rede de abastecemento de auga nun total de 12 rúas do municipio. Trátase de actuacións que pretenden modernizar as instalacións e tubaxes para evitar avarías xa de forma preventiva.

Dotación de saneamento en Peiro de Abaixo e de Arriba

O Concello de Culleredo continúa coas súas actuacións de ampliación da rede de saneamento, dotando do servizo básico aos veciños. Na actualidade está a executar obras en Peiro de Arriba e Peiro de Abaixo para que as numerosas vivendas unifamiliares da zona dispoñan da rede.

Os traballos de Emalcsa por unha fuga na súa tubaxe xeral poden xerar episodios de turbidez na zona urbana

O Concello de Culleredo informa que Emalcsa acaba de comezar os traballos de reparación da súa tubaxe xeral, cun diámetro de 800mm, que presentaba unha fuga de auga entre as rúas Irmáns Suárez Ferrín e a avenida de Cordeda, no núcleo da Corveira. Pode aparecer auga turbia no Burgo, Fonteculler, Acea de Ama e parte baixa da avenida de Vilaboa.

Os Templarios xa conta con nova iluminación pública

O Concello de Culleredo completou a renovación da iluminación no paseo dos Templarios, unha das actuacións en materia de iluminación pública programadas polo goberno local. Neste caso, o proxecto desenvolveuse tanto no paseo marítimo como na rúa interior, onde finalizará a actuación aumentando os puntos de luz xunto ao acceso ás vivendas.

O goberno local proxecta iluminación LED para as rúas Río Mandeo e Montespiño

O Concello de Culleredo tramita as obras de dotación de iluminación LED na Zapateira, nas rúas Río Mandeo e Montespiño. A actuación sumarase á construción de beirarrúas e instalación de rede de pluviais xa realizada nestas dúas rúas, de elevado uso polos veciños da zona e polos dous colexios aos que dá servizo.

En marcha as obras de ampliación da rede de saneamento en Sueiro

O Concello de Culleredo executa outra actuación para continuar completando o servizo de saneamento no municipio. Nesta ocasión, o goberno local leva a cabo a dotación de rede de recollida de fecais e tamén de recollida de augas pluviais na zona de Valiñas e Sueiro.

Operativo de limpeza urbana especial tras as festas de Vilaboa

As festas patronais de Vilaboa, unhas das máis concorridas da comarca, desenvolvéronse en xeral con normalidade. A Policía Local de Culleredo e a Garda Civil estableceron un dispositivo con reforzo de patrullas en horario nocturno para atender as posibles incidencias. Agora o Concello montou un operativo especial de limpeza.

O Concello inicia hoxe o plan de roza e limpeza en 367 estradas municipais

O Concello de Culleredo comeza hoxe luns o seu plan de acondicionamento da rede viaria mediante a roza das estradas municipais de todas as parroquias. Trátase dunha campaña anual que se emprende habitualmente nesta época do ano, cando a herba creceu.

O Concello executa unha campaña de revisión das conexións á rede de saneamento

O Concello de Culleredo executa unha campaña de revisión das conexións á rede de sumidoiros, coa finalidade de corrixir aquelas que verten pluviais no saneamento. Esta actuación xa se desenvolveu nunha primeira fase na zona urbana e nunha segunda nas infraestruturas xerais da rede. Agora iniciouse unha terceira fase nas parroquias do rural do municipio.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina