Entrega de composteiros o 8 de maio no Centro Cultural O Noso Lar

O Concello de Culleredo continúa coa campaña de compostaxe doméstica, coa que busca fomentar a correcta xestión dos biorresiduos nos fogares e promover prácticas máis sostibles no municipio.
 
O venres 8 de maio terá lugar unha nova entrega de composteiros no Centro Cultural o Noso Lar, nunha sesión informativa na que as persoas participantes recibirán formación básica para comezar a compostar no seu fogar.
 
As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web do Consorcio: https://www.consorcioam.org/gl/ ou inscribirse directamente en https://consorcioam.rsu.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 981 784 704 ou do correo electrónico info@consorcioam.org.
 
Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Next Generation EU.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina