Benestar Social

O Concello de Culleredo ofrecerá en Vilaboa o novo servizo de atención temperá

As familias de Culleredo estrearán nova prestación social nas próximas semanas. O Concello poñerá en marcha o servizo de atención temperá, que se dirixe á poboación infantil de 0 a 6 anos co obxectivo de dar resposta ás necesidades, xa sexa transitorias ou permanentes, que presenten os usuarios con trastornos de desenvolvemento ou con risco de padecelos.
 

Listaxe de persoas preinscritas nas Aulas de Estimulación Mental

O Concello de Culleredo publica a listaxe de persoas preinscritas nas Aulas de Estimulación Mental, actividade dirixida ás persoas maiores que comezará o próximo mes de xaneiro.

 

As listaxes definitivas sairán o día 23 de decembro.

Festa de Nadal de maiores

O Concello de Culleredo organiza o vindeiro venres 19 de decembro a tradicional Festa de Nadal de maiores. Será de 17.00 a 20.30 horas no polideportivo Ría do Burgo.

Aulas de Estimulación Mental

O Concello de Culleredo oferta un programa de Estimulación Mental dirixido ás persoas maiores.  Comezara no mes de xaneiro.

O Concello de Culleredo presenta a súa campaña polo 25N co lema “O silencio tamén mata”

O Concello de Culleredo presenta a súa campaña de sensibilización con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, co obxectivo de fomentar a concienciación, a reflexión e o compromiso de toda a cidadanía fronte ás violencias machistas. Ao longo do mes de novembro desenvolveranse propostas culturais, formativas e de concienciación, abertas a distintos públicos.

Feira de Artesás do Día da Muller Rural

O Concello de Culleredo publica as condicións de participación na Feira de Artesás do Día da Muller Rural, que se celebrará o vindeiro sábado 11 de outubro, no parque da Torre de Celas.

A Escada: listaxe definitiva de persoas admitidas para o curso 25-26

Listaxe definitiva de persoas admitidas no C.O.M. “A Escada” nas prazas correspondentes ao Concello de Culleredo e á Deputación da Coruña para o curso 2025-2026.
 

Culleredo renova a súa aposta polo exercicio físico ao aire libre co programa ‘Verán Movidiño’

Un ano máis, o Concello de Culleredo aposta por concienciar a veciños e veciñas do hábito de coidar a saúde física e mental a través do exercicio ao aire libre, presentando para iso a programación da súa ‘Verán Movidiño’. Este programa propón unha serie de iniciativas para as persoas adultas do municipio coas que se busca enganchar á xente á actividade física e deportiva.
 
 

O Concello de Culleredo iniciou os actos polo 8M cun obradoiro nos IES

O Concello comezou os actos polo Día da Muller coa colaboración da Asociación Nacional de Presenza Xitana,  dentro do programa Kamelamos y salud que desenvolve neste concello. Levouse a cabo un obradoiro dirixido a alumnas adolescentes dos institutos cullerdenses IES Rego de Trabe, e IES E. Blanco Amor, que acompañadas das orientadoras destes centros,  acudiron á charla que impartiu a moza universitaria de familia xitana, Gisela Suárez Rosillo, estudante de Grao en Empresariais.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina