O Concello de Culleredo levou a cabo un obradoiro de técnicas para dependentes e para os seus familiares. Enmarcouse dentro do convenio de colaboración que o Concello ten coa Asociación contra as enfermidades neuromusculares (Asem). A xornada tivo lugar en Vilaboa, no Pazo de Villa Melania. Contou coa asistencia de medio centenar de persoas interesadas na materia.
A elevada demanda de prazas nas escolas infantís repítese en Culleredo, quedando en evidencia a xestión da Xunta de Galicia na materia. Ante as 142 familias que quedan nas listaxes de agarda, a primeira tenente de alcalde, esixe ao goberno galego que mellore “notablemente e con urxencia” a planificación na apertura de escolas.
CLAUSURA DAS ACTIVIDADES DE MAIORES
Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo. 29 de xuño, 18.30 horas.
Exposición dos obradoiros de artesanía, fíos e abaloiros, e pintura celebrados en Celas, O Burgo, Boedo e Bregua.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER