A asemblea dos delegados parroquiais de Culleredo analizou os principais asuntos de actualidade coa primeira tenente de alcalde, Raquel Jabares. O programa de viaxes introducirá este ano unha compoñente ecolóxica.
A Casa Rosa do Burgo acollerá unha formación para todas aquelas persoas que queiran traballar como coidadoras de nenos e nenas a domicilio e non teñan ningunha formación específica neste campo. O curso comeza o mércores 29, día no que remata o prazo de inscrición.
A Casa Rosa do Burgo acollerá un curso destinado a promover hábitos de consumo de aforro nunha serie de conceptos cotiás, coma os electrodomésticos ou os servizos de telefonía. Desenvolverase todos os xoves dos meses de febreiro e marzo.Xoves 22 de decembro ás 17.00h no Edificio de servizos múltiples.
A primeira tenente de alcalde, Raquel Jabares, denuncia que tras levar desde 1993 recibindo o Concello unha subvención por parte da Xunta de Galicia que apoie á execución do Plan de Desenvolvemento Xitano, o goberno local acaba de atoparse a “desagradable sorpresa” de que o actual executivo autonómico decidiu eliminar esta axuda, o que fai perigar a súa execución.
Aberto o prazo para as aulas abertas 2011- 12
maiores de 18 anos:
Aulas do Saber
Estimulación Mental
Economía doméstica
Diferentes pero iguais
Apoio a coidadr@s de familiares
Retomar os estudios básicos
Asistencia persoal e canguraxe
Novo país, novo idioma
Educar en familia
Manexo do móbil
Cociña de aquí e habilidades domésticas
Comezo a partir do 17 de Outubro
Información e Inscrición:
Casa Rosa (O Burgo)
Rúa Ramón Cabanillas, 12
Tel 981 665 335
aulas.abertas@culleredo.org
Viaxe á Rioxa
Do 25 ao 28 de outubro
Prazo de Inscrición até o 14 de outubro
Información e inscrición: Delegados parroquiais ou na Casa Rosa tel 981 665 335
Información: Nos centros sociais das parroquias, a través de Delegad@s parroquiais ou na Casa Rosa do Burgo. Tel 981 665 335
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER