Culleredo inicia a formación para coidadores de nenos a domicilio

Mañá mércores 29 de febreiro iníciase un novo módulo, incluído dentro Programa das Aulas Abertas, co fin de contribuír á formación de todas aquelas persoas que queiran traballar como coidadoras de nenos e nenas a domicilio e non teñan ningunha formación específica neste campo. Impulsado polas Concellarías de Benestar e de Igualdade, que dirixen as nacionalistas Raquel Jabares e Rocío Sampedro, a iniciativa pretende capacitar ás participantes para desenvolver esas labores.

Para iso durante 40 horas 1 psicóloga e 1 pedagoga especialistas impartirán sesións presenciais combinadas con sesións titorizadas a distancia, nas que se aprenderán contidos relacionados coas etapas evolutivas do desenvolvemento infantil, coa alimentación, hixiene e descanso, co xogo como recurso educativo ou coa seguridade e hixiene no fogar e no exterior.

O requisitos para acceder a esta formación son estar empadroada no concello de Culleredo, ter mais de 18 anos, non ter ningunha titulación semellante á impartida e estar en situación de desemprego. O prezo é de 3.10€

O lugar onde se desenvolverá a formación é na Casa Rosa do Burgo os mércores 29 de febreiro e 7, 14 e 21 de marzo en horario de 17.00h a 20.00h, mais as titorías axustaranse ás necesidades das persoas participantes.

O prazo de inscrición remate mañá 29 de febreiro. Os interesados poden dirixirse á Casa Rosa, chamar ao 981 655 335, ou remitir un correo electrónico a aulas.abertas@culleredo.org.
 
cartel

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina