O Grupo de Teatro Interxeneracional inicia unha xira de actuacións ante os pequenos

Os maiores de Culleredo levan as súas obras de teatro aos máis pequenos do municipio. O Grupo de Teatro Interxeneracional actuará entre o 14 e o 28 de marzo nas escolas infantís e nos centros Aspanaes da Coruña e de Castelo.

O Concello de Culleredo e os maiores participantes decidiron comezar a xira, en vistas do éxito acadado en anos anteriores. O programa é o seguinte:

  • Escola Infantil do Burgo: mércores 14 ás 10.30 horas
  • Escola Infantil A Tartaruga: martes 20 ás 10.30 horas
  • Escola Infantil Fonte da Balsa: mércores 21 ás 10.30 horas
  • Centro Aspanaes da Coruña: martes 27 ás 11.00 horas
  • Centro Aspanaes de Castelo: mércores 28 ás 11.00 horas
Nesta ocasión, os artistas representarán a obra “Nos tempos do Rei Pupú”. Os actores recoñecen que desfrutan formando parte dos grupos de teatro e, sobre todo, actuando ante os pequenos do concello.

A primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares, califica aos maiores como “o colectivo máis participativo do Concello. A concelleira de Benestar, que felicita o “entusiasmo e esforzo” que poñen todos os compoñentes para sacar adiante as actuacións, destacou a proposta multidisciplinar que garda a iniciativa, xa que os usuarios son os encargados de confeccionar o atrezzo e vestiario, para o que acoden a un obradoiro de costura.
 
cartel xira

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina