Benestar Social

Culleredo e Cruz Vermella buscan familias acolledoras

O Concello de Culleredo vai colaborar con Cruz Vermella realizando accións de difusión no seu ámbito co obxectivo de dar a coñecer o programa de acollemento familiar e incorporar novas familias voluntarias para recibir temporalmente a nenos que o necesitan.
 

O Concello crea o Fondo Municipal de Alimentos para apoiar ás familias sen recursos

O goberno de Culleredo dá un paso máis para apoiar ás familias sen recursos do municipio. O Concello crea o Fondo Municipal de Alimentos co obxecto de reforzar a distribución dos produtos ás familias máis vulnerables e con maior necesidade.

O Concello lanza o programa de actividades sociais 2013-2014

O goberno de Culleredo lanza un programa de actividades sociais ampliado e co claro obxectivo de atender os ámbitos máis sensibles para os veciños de todas as idades do municipio. A oferta reúne un total de 32 propostas con diferentes grupos e horarios en centros sociais da zona urbana e tamén do rural.

O goberno local programa ximnasia ao aire libre para os maiores durante o verán

O Concello de Culleredo desenvolverá no verán un programa nos parques biosaudables do municipio dirixido aos maiores. Os participantes poderán asistir a sesións de ximnasia ao aire libre nas instalacións que dispón o Concello en Celas de Peiro e en Vilaboa, no pazo de Vila Melania.

Os alumnos de A Escada celebraron onte o fin de curso

O centro municipal da Escada, que ofrece formación ocupacional para persoas con discapacidade intelectual, celebrou  onte martes 25 a súa festa de fin de curso. Reuniu aos alumnos e as súas familias para o festexo. A concelleira de Benestar Social, Guadalupe Pombo, e a de Sanidade, Penélope López, participaron no festexo.

O goberno municipal potenciará a participación dos maiores para escoitar as súas propostas

O goberno local de Culleredo busca a participación activa dos maiores na vida do municipio. O Concello celebrou unha reunión cos delegados parroquiais, encontros que anuncia que intensificará para escoitar as súas propostas de primeira man e poder levalas a cabo. No encontro, os maiores xa trasladaron ideas coma a recuperación dos bailes os fins de semana e a impartición de clases de informática na aula de Vilaboa, cuestións que o Concello espera atender en breve prazo.

Culleredo utiliza a cociña para traballar as habilidades sociais de mozos

O Concello de Culleredo organizou un taller de cociña co fin de mellorar das habilidades sociais e de comunicación dos mozos participantes, que tomaron parte na iniciativa xunto coas súas familias. O Concello apostou pola cociña como entorno ideal para mellorar este ámbito, e que da posibilidade para a interactuación entre mozas e pais. A concelleira de Benestar Social, Guadalupe Pombo, foi a encargada de clausurar a actividade coa entrega de diplomas.

A Comisión Municipal de Desafiuzamentos procurará o alugueiro das vivendas baleiras

A Comisión Municipal de Desafiuzamentos de Culleredo suma 4 casos xa pechados a través das xestións realizadas desde que naceu. Actualmente, ten en vías de chegar a solución outros 7 casos. A Comisión traballará tamén para o aproveitamento das numerosas casas baleiras que existen en Culleredo como vía para o alugueiro de persoas que o necesiten.

O Concello adxudica o servizo de axuda a domicilio por 621.000 euros ao ano

O Concello de Culleredo adxudica mediante concurso público a concesión do servizo de xestión e execución da prestación dos servizos de axuda a domicilio. A licitación foi gañada pola empresa A0 Maiores Sociedade Limitada por un importe anual de 621.160 euros, cunha baixa sobre o tipo de 29.612 euros ao ano.

Culleredo convoca aos afectados polas preferentes nunha xornada en Vilaboa

Baixo o título "A plataforma de afectados e afectadas polas preferentes de A Coruña e Comarca.: Xuntos podemos", o Punto de información ao consumidor de Culleredo, e a devandita plataforma, informarán dos traballos da organización cidadá, da situación da reivindicación de solución para ás persoas afectadas pola mala comercialización dos "produtos tóxicos" como as preferentes e participacións subordinadas A xornada terá lugar o día 8 de febreiro no Pazo de Vila Melania (Vilaboa).

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina