A Comisión Municipal de Desafiuzamentos reúnese con NovaGalicia Banco para propoñer melloras

A Comisión Municipal de Desafiuzamentos do Concello de Culleredo mantivo un encontro cos responsables territoriais de NovaGalicia Banco, co obxecto de trasladarlles diferentes propostas que teñen por finalidades mellorar as condicións para os veciños do municipio.

A reunión, celebrada no departamento municipal de Servizos Sociais, sito no Burgo, estivo presidida pola primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares. Estivo acompañada de dúas responsables de Adicae e do secretario da comisión.

A Comisión trasladoulle a NovaGalicia Banco as seguintes propostas:

  • A eliminación das comisións de mantemento das contas para os usuarios e usuarias que sexan perceptores de RISGA ou de pensión non contributiva.
  • A eliminación da taxa de tres euros que a entidade cobra aos veciños e veciñas por solicitar os movementos bancarios dos últimos seis meses, documentación que é requirida para tramitar as axudas para persoas en situación de emerxencia social que concede o Concello de Culleredo.
  • Naqueles casos que estime a Comisión Municipal de Desafiuzamentos, mudar a hipoteca por un alugueiro social. A cantidade a pagar polo arrendatario ao banco (que pasaría a ser o dono da vivenda) sería do 30% dos ingresos familiares. Nestes supostos o Concello eximiría ao banco do pago do IBI.
  • Que o banco adíe os recibos as persoas que son perceptoras do subsidio de desemprego, xa que os recibos chegan antes que os ingresos do INEM. En todo caso non cobrar os intereses de demora neste casos.


A Comisión pediu tamén información sobre os veciños e veciñas afectados polas Preferentes, en concreto número de afectados e afectadas en Culleredo e cantos casos foron xa resoltos pola arbitraxe.

Os responsables territoriais consideraron razoables as peticións da Comisión. Trasladaranas á dirección da entidade para ofrecer unha resposta.

A primeira tenente de alcalde agradece a “boa disposición” dos responsábeis que asistiron á xuntanza. Jabares entende que todas as suxerencias son “lóxicas” e procuran a colaboración da entidade financeira para evitar situacións en moitos casos dramáticas. “Agardamos obter resposta positiva ás nosas demandas”, afirma.
 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina