A I Campaña de ecollida de material escolar finaliza con 600 artigos recibidos

O Concello de Culleredo finaliza a I Campaña de recollida de material escolar cun extraordinario resultado. A iniciativa recolleu de mans dos veciños máis de 600 artigos, valorados nus 4000 euros.

O material recopilado na campaña distribuirase inicialmente a un grupo de 40 familias en situación de necesidade. O Concello completará, se fose necesario, algún artigo do que non se dispoña no material recopilado e apareza no  listado solicitado polo centro escolar. O material sobrante quedará en stock para solventar necesidades ao longo do ano.

As nacionalistas, Raquel Jabares e Rocío Sampedro, concelleiras de Benestar Social e Consumo respectivamente, agradecen publicamente a colaboración das librarías municipais, centros e ANPA escolares e escolas infantís, e por suposto a todos aqueles nenos e nenas, nais e pais, que fixeron o acto de doazón solidaria.

A primeira tenente de alcalde asegura que “estes resultados son a evidencia de que a solidariedade neste concello existe, a pesares das dificultades que atravesan a meirande parte das familias”. Grazas a aportación desinteresada dos cullerdenses, 40 familias poderán dispor de material en bo estado para os pequenos que van a clase.

“Hai que lembrar que a campaña tamén tiña como obxectivo o fomentar o consumo solidario e responsable entre a poboación escolar menor e adolescente, e neste senso creemos que se cumpriu o obxectivo plantexado, co apoio das familias e o compromiso do profesorado”, afirma Sampedro.

Desde a perspectiva de consumo responsable, o Concello quere facer tamén un chamamento aos centros escolares para que, nas listaxes de necesidades de material escolar que difunden a principio de curso, recomenden aproveitar o material de anos anteriores, aquel que este en bo estado, xa que a tendencia é a que se compre material novo, aínda que se teñan sobrantes do curso pasado.

Aínda que campaña xa está rematada, se algunha persoa quere doar algún material durante o ano o pode achegar a calquera dos centros de servizos sociais, tanto en Vilaboa como en O Burgo, para contribuír á escolarización dos veciños con maior necesidade.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina