A programación pon un foco especial na mocidade, desenvolvendo un ciclo de charlas sobre prevención nos IES Rego de Trabe e Eduardo Blanco Amor, ademais de emitir contidos específicos en Radio Culleredo sobre a percepción do xénero e as violencias dixitais.
No eido cultural, o ciclo "Culleredo Escena" acolle varias obras de teatro con perspectiva de xénero no Edificio de Servizos Múltiples, mentres que o público infantil poderá gozar de contacontos pola igualdade na Biblioteca do Burgo. Esta programación transversal complétase con obradoiros no Centro Ocupacional A Escada, a lectura de manifestos en todas as actividades deportivas municipais e a participación na andaina comarcal organizada polo Consorcio As Mariñas.
A maiores, o municipio súmase á campaña "De Fronte" da Deputación da Coruña, que este ano pon o foco en cuestionar a demanda da prostitución e a explotación sexual. Desde o Concello lémbrase que o teléfono 016 está dispoñible as 24 horas, de forma gratuíta e confidencial, para atender a calquera vítima.
| Vista previa | Adxunto | Tamaño |
|---|---|---|
| 25n_culleredo_2026.pdf | 268.33 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER