Culleredo celebrará o Día da Muller Rural o 17 de outubro no parque da Torre de Celas

O parque da Torre de Celas acollerá o vindeiro sábado 17 de outubro a celebración do Día da Muller Rural en Culleredo. A xornada, organizada polo Concello coa colaboración da asociación As Berenguelas, renderá homenaxe ao papel das mulleres no desenvolvemento e a vida do rural.
 
O programa arrincará ás 13:00 horas coas actuacións de Pan sen Fron, Xilbatuxeiras, Larpeiros de Altamira e Cantares dos Pendellos. Tras elas, a música continuará cunha foliada libre aberta á participación de todas as asistentes.
 
O recinto contará tamén con postos de artesanía. A celebración desenvolverase nun espazo cuberto, polo que poderá levar a cabo con normalidade independentemente da climatoloxía.
 
Comida popular
 
Un dos momentos centrais da xornada será a comida popular. O menú inclúe paella (mixta ou vegana), empanadilla, torta de Santiago, pan e viño ou auga, por un prezo de 13 euros. A venda de tickets é anticipada e estará aberta ata o xoves 15 de outubro. As persoas interesadas poden reservar chamando ao teléfono 622 347 788. 
 
Con esta iniciativa, o Concello de Culleredo persegue visibilizar o papel da muller rural e a súa relevancia na cultura tradicional galega. A cita coincide coa conmemoración do Día Internacional das Mulleres Rurais, que se celebra cada 15 de outubro.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina