O Concello de Culleredo ofrecerá en Vilaboa o novo servizo de atención temperá

As familias de Culleredo estrearán nova prestación social nas próximas semanas. O Concello poñerá en marcha o servizo de atención temperá, que se dirixe á poboación infantil de 0 a 6 anos co obxectivo de dar resposta ás necesidades, xa sexa transitorias ou permanentes, que presenten os usuarios con trastornos de desenvolvemento ou con risco de padecelos.
 
A prestación ofrecerase en Vilaboa, no local municipal situado na rúa Domingo Sierra, xunto á oficina do departamento de Servizos Sociais. O Concello realizará a atención temperá a través da entidade social COGAMI, que xa conta coa experiencia previa noutros municipios da contorna.
 
O proxecto presentado polo goberno municipal logrou os fondos europeos no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, que concede a Consellería de Política Social para poñer en marcha a iniciativa e integrala na rede autonómica. En concreto, o Concello obtivo 108.771,56 euros para que a unidade bote a andar.
 
A atención temperá do Concello de Culleredo empezará a funcionar nas próximas semanas. Os usuarios accederán derivados principalmente dos servizos sociais atendendo ás necesidades que informen os técnicos.
 
A iniciativa contará con servizos individualizados de logopedia, terapia ocupacional ou psicoloxía. Ofrécense nun momento clave para o desenvolvemento psicomotriz da infancia, potenciando as súas capacidades e procurando a integración na súa contorna.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina