Culleredo conmemorou con APEM o Día da Saúde Mental

O paseo marítimo do Burgo foi o escenario da andaina solidaria con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, organizada por APEM e o Concello de Culleredo. A iniciativa buscou como obxectivo principal visibilizar a importancia do benestar psicolóxico.

Culleredo celebrará o Día da Muller Rural o 17 de outubro no parque da Torre de Celas

O parque da Torre de Celas acollerá o vindeiro sábado 17 de outubro a celebración do Día da Muller Rural en Culleredo. A xornada, organizada polo Concello coa colaboración da asociación As Berenguelas, renderá homenaxe ao papel das mulleres no desenvolvemento e a vida do rural.

O Concello de Culleredo acomete en horario nocturno o asfaltado dun novo tramo da avenida de Vilaboa

As obras de reforma urbana da parte baixa da avenida de Vilaboa dan un novo paso coa pavimentación da calzada. O Concello de Culleredo emprende desde mañá os traballos en horario nocturno, para minimizar o impacto na circulación dunha das arterias principais do municipio.

Culleredo acollerá o Día da Bicicleta o vindeiro domingo 4 de outubro

O Concello de Culleredo organiza o Día da Bicicleta o vindeiro domingo, 4 de outubro, coa promoción de La Voz de Galicia e o patrocinio de Vegalsa.

O Concello de Culleredo adxudica o servizo de limpeza viaria por 1,45 millóns anuais

O Concello de Culleredo contrata o novo servizo de limpeza viaria para a totalidade do termo municipal. A prestación configúrase co obxectivo de “atender ao 100% as necesidades de limpeza viaria de Culleredo, garantindo os estándares de calidade ambiental e salubridade pública, buscando a máxima eficiencia organizativa, e priorizando o uso de enerxías limpas”, explica o alcalde, José Ramón Rioboo.

Mofa e Befa chegan ao Burgo coa súa adaptación de 'Os dous de sempre', de Castelao

O auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo acollerá o vindeiro venres 25 de setembro, ás 20:30 horas, o espectáculo “Mofa e Befa: Os dous de sempre”, de Producións Teatrais Excéntricas.

Aberto o prazo de inscrición para os clubs de lectura das bibliotecas municipais de Culleredo

As persoas interesadas na literatura xa se poden inscribir ata o 15 de setembro nos clubs de lectura das bibliotecas municipais de Culleredo, unha iniciativa cultural na que os participantes se reúnen para comentar diferentes obras.

O Burgo Fest converterá Culleredo no epicentro galego da música electrónica

O Concello de Culleredo volverá ser o vindeiro 12 de setembro o punto de encontro da música electrónica galega cunha nova edición do O Burgo Fest. Así o deu a coñecer o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, quen lembrou que o festival xuntará destacados DJ e propostas de música urbana, electrónica e reggaeton.

Culleredo viviu a súa festa do fútbol coa desputa das finais do Torneo de Fútbol Municipal

Culleredo viviu esta fin de semana unha auténtica festa do fútbol coa disputa das finais do Trofeo Municipal 2026 no Municipal de Rutis. O Sporting Burgo, o Club Femenino Celas e o Olímpico de Rutis foron os grandes vencedores, á espera da final do trofeo de veteranos.

Culleredo pon en marcha máis dunha vintena de actividades culturais e deportivas para o curso 2026/2027

O Concello de Culleredo pon en marcha unha nova edición do programa de Actividades Municipais Culturais e Deportivas, que no curso 2026/2027 volverá levar obradoiros e clases aos distintos núcleos do municipio. A iniciativa, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, arrancará durante a primeira quincena de outubro.

O Concello de Culleredo presentou as obras de tres escritores veciños do municipio

O Concello de Culleredo presentou os últimos traballos literarios de tres autores veciños do municipio. Trátase de Mónica Fernández Montes, autora de "Flores en el abismo"; Tálamo, autor de "Lágrimas de Limo"; e Jesús Regueira, coautor de "Amistades entre dos mares".

Culleredo prepárase para a eclipse total de sol deste 12 de agosto: horarios e consellos de seguridade

O 12 de agosto, Culleredo vivirá un momento histórico que non se repetirá nas nosas vidas: unha eclipse total de Sol. Para garantir que a veciñanza e os visitantes poidan gozar deste grande espectáculo astronómico con total seguridade, o Concello vén de publicar unha guía cos horarios precisos e as recomendacións clave para a xornada.

O fútbol toma o verán de Culleredo cunha nova edición dos torneos municipais

Culleredo encara un verán de fútbol co regreso dos seus tradicionais torneos municipais. As competicións arrincan este domingo 9 de agosto e prolongaranse ata o mércores 2 de setembro, repartidas en catro categorías que dan cabida a todos os públicos: afeccionados, veteranos, fútbol base e fútbol feminino.
 

Posible corte de tráfico polo concerto de Mojinos Escozíos o venres 3 de xullo

O Concello de Culleredo contará cun operativo especial de seguridade polo concerto dos Mojinos Escozíos, que terá lugar o venres 3 de xullo, no paseo marítimo do Burgo. A actuación está marcada para as 23.00 horas. Antes, desde as 21.00 horas, a Policía Local poderá cortar ao tráfico a avenida de Juan Carlos I en función da afluencia de público que se vaia rexistrando.

O Festival BurgoJazz encherá de música o Botánico

O Concello de Culleredo organiza unha nova edición do Festival BurgoJazz. Será do 3 ao 6 de xullo no Xardín Botánico do Burgo, con accerso libre.

Mojinos Escozíos ofrecerá un concerto gratuito o venres 3 de xullo no paseo marítimo

A xira 2026 dos Mojinos Escozíos fará parada no paseo marítimo do Burgo o vindeiro venres 3 de xullo a partir das 23.00 horas.

O Mercado Templario chega a Culleredo do 1 ao 5 de xullo

O Mercado Templario do Burgo do Faro volve un ano máis ao calendario de Culleredo, e faino cunha edición máis longa: cinco xornadas, do mércores 1 ao domingo 5 de xullo.

Aberto o prazo para comunicar ao Concello as lumaradas de San Xoán, un trámite que pode realizarse ata o 20 de xuño

Os veciños e veciñas de Culleredo que queiran organizar unha lumarada, sardiñada ou churrascada na noite de San Xoán poden comunicalo ao Concello ata o vindeiro 20 de xuño. O alcalde, José Ramón Rioboo, fixo público un bando no que regula diversos aspectos do desenvolvemento das tradicionais cacharelas.

Os clubs deportivos de Culleredo reciben 78.656,92 euros en axudas da Deputación da Coruña

O goberno provincial resolveu as subvencións para a promoción do deporte, atendendo a todos os clubs que as solicitaron.

Cullerciencia celebra o sábado 6 a súa oitava edición con maior horario e 34 postos de experimentos e divulgación científica

O Concello de Culleredo e o CEIP Ría do Burgo organizan a oitava edición de Cullerciencia, unha feira xa consolidada en Galicia e que reúne cada ano a centos de visitantes. Será o vindeiro sábado, 6 de xuño, no paseo marítimo do Burgo, e nesta ocasión chega cun horario ampliado, de 12:00 a 20:00 horas, para propiciar que os visitantes gocen de todos os proxectos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina