O Concello de Culleredo promove un gran concerto no marco do Mercado Templario. A xira 2026 dos Mojinos Escozíos fará parada no paseo marítimo do Burgo o vindeiro venres 3 de xullo a partir das 23.00 horas.
Será un concerto gratuíto, ao aire libre. Desenvolverase na zona da Cros, na contorna que acolle as verbenas habituais nas festas patronais do Burgo, con capacidade para miles de persoas.
O grupo, capitaneado polo mítico Sevilla, ofrecerá o seu coñecido rock irreverente nun show onde o humor prevalecerá.
O evento sumarase a unha intensa semana cultural e lúdico en Culleredo. Do mércores 1 ao domingo 5 de xullo, a poucos metros da zona do concerto, o Concello celebra o seu Mercado Templario, cun centenar de postos, animación e gastronomía. E do 3 ao 6, o Festival BurgoJazz no Xardín Botánico do Burgo.