Aberto o prazo de inscrición para os clubs de lectura das bibliotecas municipais de Culleredo

As persoas interesadas na literatura xa se poden inscribir nos clubs de lectura das bibliotecas municipais de Culleredo, unha iniciativa cultural na que os participantes se reúnen para comentar diferentes obras.
 
No caso da biblioteca Miguel González Garcés (no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo), os membros do club xuntaranse o primeiro luns de cada mes ás 17:00 horas e o primeiro martes ás 11:00 horas.
 
Ademais, a biblioteca Xosé Cardeso Liñares tamén acollerá estes encontros. Nestas instalacións, situadas en Vila Melania (Vilaboa), as xuntanzas do club terán lugar o primeiro xoves de cada mes ás 17:00 horas.
 
INSCRICIÓNS
 
As inscricións pódense facer de xeito presencial, así como no teléfono 981 66 55 97 ou no correo electrónico bibliotecas.municipais@culleredo.es. Débense realizar en horario de 9:00 a 14:00 horas, indicando nome e apelidos, unha dirección de correo electrónico e un teléfono de contacto.
 
O prazo para se apuntar nesta actividade estará aberto ata o martes 15 de setembro. As prazas iranse asignando por orde de chegada, aínda que a veciñanza empadroada en Culleredo terá prioridade.
 
A iniciativa encádrase no traballo do goberno municipal para impulsar a cultura como alternativa de lecer. Neste caso, foméntase a creación duna comunidade que comparte lecturas e as comenta desde diversos puntos de vista, sumando a riqueza das interpretacións ao propio valor literario das obras.
 
Amais, nos clubs de lectura inclúense actividades complementarias como encontros con escritores. Un dos últimos foi o mantido coa autora María Solar, quen debullou o seu libro «Os nenos da varíola».

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina