Mofa e Befa chegan ao Burgo coa súa adaptación de 'Os dous de sempre', de Castelao

O auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo acollerá o vindeiro venres 25 de setembro, ás 20:30 horas, o espectáculo “Mofa e Befa: Os dous de sempre”, de Producións Teatrais Excéntricas.

A peza, dirixida por Quico Cadaval, é unha adaptación da recoñecida novela de Castelao. Sobre o escenario estarán “os dous de sempre”, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, é dicir, Mofa e Befa, que contarán coa compañía de Josito Porto.

O espectáculo ten unha duración aproximada de 99 minutos e está recomendado para público a partir de 15 anos. A entrada é de balde, aínda que é preciso reservar previamente no teléfono 981 665 597 ou no propio Edificio de Servizos Múltiples, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

A obra forma parte da programación cultural que o Concello de Culleredo desenvolve grazas á colaboración da Deputación da Coruña, a través da Rede Cultural.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina