Aberto o prazo para comunicar ao Concello as lumaradas de San Xoán, un trámite que pode realizarse ata o 20 de xuño

Os veciños e veciñas de Culleredo que queiran organizar unha lumarada, sardiñada ou churrascada na noite de San Xoán poden comunicalo ao Concello ata o vindeiro 20 de xuño. O alcalde, José Ramón Rioboo, fixo público un bando no que regula diversos aspectos do desenvolvemento das tradicionais cacharelas.
 
As comunicacións poden enviarse ao Concello por escrito ou a través do correo electrónico sanxoan@culleredo.es. Nelas deben especificarse os datos da persoa responsable (DNI, enderezo e teléfono de contacto) e concretarse a localización exacta da parcela ou soar onde se celebrará, ben mediante un plano ou dunha referencia catastral.
 
O horario para gozar das lumaradas establécese a partir das 18:00 horas do día 23 de xuño ata as 3:30 horas do día 24. Mentres permanezan acesas deberán cumprirse determinadas normas de seguridade. Queda prohibido prender cacharelas en zonas verdes e parques infantís, así como nun perímetro de 15 metros ao seu redor, e tampouco poderán realizarse xunto a colectores, vehículos ou vivendas sen gardar esa separación mínima de 15 metros. O uso de combustibles con acelerantes queda igualmente prohibido e será necesario protexer o chan con area ou materiais similares.
 
No que respecta ás sardiñadas e churrascadas, non poderán ocupar calzadas nin entorpecer a circulación de vehículos. Deberán contar con illamento térmico e con extintor ou sistema similar e, unha vez rematada a celebración, as persoas responsables quedan obrigadas a deixar o espazo nas mesmas condicións nas que o atoparon.
 
A Policía Local e Protección Civil velarán polo cumprimento destas normas durante toda a noite e poderán retirar de forma inmediata materiais ou instalacións que supoñan un risco para a seguridade. Así mesmo, poderán inspeccionar as cacharelas e determinar, se é o caso, a altura máxima que deberán respectar.
 
Desde o Concello agradecen de antemán a colaboración de todos os veciños e veciñas de Culleredo, así como a dos visitantes que acudan ao municipio para celebrar as festas de San Xoán.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina