O Concello de Culleredo acomete en horario nocturno o asfaltado dun novo tramo da avenida de Vilaboa

As obras de reforma urbana da parte baixa da avenida de Vilaboa dan un novo paso coa pavimentación da calzada. O Concello de Culleredo emprende desde mañá os traballos en horario nocturno, para minimizar o impacto na circulación dunha das arterias principais do municipio.
 
Está previsto que o asfaltado se leve a cabo nas noites de mañá, mércores 30 de setembro, e do xoves, 1 de outubro. En ambos os dous casos o horario previsto é de 22:30 a 6:30 da mañá do día seguinte.
 
As obras de pavimentación se mecerán nun primeiro treito deste tramo da avenida de Vilaboa que abarca o proxecto, entre a AP-9 e a rúa Luis Seoane. Acometeranse progresivamente en ambos os dous carrís, polo que o tráfico será regulado alternativamente.
 
Cunha inversión total de 798.210 euros, o Concello dá continuidade á modernización da avenida. A renovación das beirarrúas, servizos e iluminación xa é visible nesta zona das obras.
 
O investimento total, sumando as fases anteriores da avenida de Vilaboa, aproxímase aos 3 millóns de euros. O núcleo está a ser obxecto dunha profunda modernización que inclúe outros proxectos como a mellora da rúa Domingo Sierra.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina