Posible corte de tráfico polo concerto de Mojinos Escozíos o venres 3 de xullo

O Concello de Culleredo contará cun operativo especial de seguridade polo concerto dos Mojinos Escozíos, que terá lugar o venres 3 de xullo, no paseo marítimo do Burgo. O recital complementará a animación do Mercado Templario e do Festival BurgoJazz.
 
A actuación está marcada para as 23.00 horas. Antes, desde as 21.00 horas, a Policía Local poderá cortar ao tráfico a avenida de Juan Carlos I en función da afluencia de público que se vaia rexistrando.
 
Para quen opte por acudir en vehículo privado, o Concello habilitará se é preciso a explanada xunto ao Xardín Botánico, do mesmo xeito que se emprega durante as festas patronais do Burgo.
 
O concerto forma parte da xira 2026 dos Mojinos Escozíos. O grupo, capitaneado polo mítico  Sevilla, ofrecerá o seu coñecido rock irreverente nun show onde o humor prevalecerá.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina