Os clubs deportivos de Culleredo reciben 78.656,92 euros nos programas de subvencións da Deputación da Coruña para a promoción do deporte. Son beneficiarias todas as entidades que solicitaron axuda nesta iniciativa do goberno provincial.
Son dúas as convocatorias que acaba de resolver a institución provincial. A primeira ten por obxecto promocionar aos clubs con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito nacional ou internacional neste ano.
Nesta convocatoria fixeron solicitude e resultaron beneficiarios os seguintes clubs:
Na segunda das convocatorias, dirixida a entidades con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico en 2026, son beneficiarias:
As subvencións permitirán aos clubs afrontar na tempada os gastos máis habituais. No caso dos equipos que compiten fóra de Galicia, o financiamento servirá para desprazamentos, aloxamentos, servizos médicos especializados e seguros de responsabilidade civil.
Esta contía de 78.656,92 euros de axudas da Deputación únense aos 200.000 concedidos polo Concello de Culleredo para actividades dos dous últimos anos. O goberno local publicará este ano unha nova convocatoria para seguir apoiando a actividade esencial dos clubs, co deporte como vehículo de cohesión social.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER