O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, convida os mozos do municipio para participar na actividade de láser tag para celebrar o Samaín. Será o 31 de outubro no Polígono de Alvedro, nas instalacións de Loita Tag.
O Concello de Culleredo sacou a licitación o arranxo de vías en Folgueira (VP-610) e a rúa Vixía (VP-159) por un importe de 53.553,83 euros. Trátase dunha obra incluída no Plan de mellora de camiños municipais de acceso a terreos agrícolas 2022-2023 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER.
O Concello de Culleredo decidiu aprazar as Rutas Barítimas 2022 para buscar un maior número de participantes na iniciativa, que se ía a celebrar do 10 ao 23 de outubro con votacións a través de móbil e premios por valor de 2.500 euros.
O Concello sacou a licitación a renovación da rúa Cruces, en Toroño, cun orzamento base de 64.092,77 euros. Corresponde ao vial público VP-250 e parte do vial VP-251, que ten unha lonxitude de 517 metros e un ancho medio de 5,2 metros. Inclúese na listaxe de obras correspondentes ao Plan Único 2022 da Deputación da Coruña.
O Centro de Formación Municipal Pablo Picasso acolle un novo curso de empregabilidade para mozas de 16 a 30 anos, actividade que se desenvolverá ata o 17 de outubro nunha das aulas do edificio.
O alcalde, José Ramón Rioboo, a tenente de alcalde, Lupe Pombo e a representante da Fundación Paz e González, María José Santos Veira reuníronse no Concello para tratar o futuro centro de maiores da parroquia, para cuxa construción se estudará a viabilidade da devandita instalación.
O Concello de Culleredo dá un paso máis na humanización de Vilaboa coa licitación por 391.859,51 euros das obras de mellora da intersección da antiga N-550, que agora é de titularidade municipal, coas rúas Alcalde Domingo Sierra, Xafonte, Calzada e Vicente Risco. Está incluída nas obras financiadas polo Plan Único da Deputación da Coruña.
A Deputación da Coruña aprobou hoxe en Pleno o proxecto de mellora da seguridade viaria na DP-3109 e DP1705, onde se actuará nun total de 3.503,7 metros cadrados e abarcará un tramo de 215 metros de estrada provincial DP-3109, dos cales 140 metros forman parte da rúa do Concello e 75 metros da rúa José Ramallo; outros 99 metros corresponden á DP-1705 integramente na rúa do Concello. Contará cun investimento de 364.028,28 euros.
A Deputación da Coruña licitou o proxecto de acondicionamento e mellora da seguridade viaria da DP-3104 ao seu paso por Liñares, na contorna do aeroporto de Alvedro. Crearase unha senda peonil de aproximadamente 1,8 quilómetros, que partirá da antiga igrexa de Santo Estevo de Tarrío e terminará na intersección da DP-3104 coa antiga N-550. Contará cun orzamento de 522.692,67 euros. O prazo de presentación de ofertas remata o 24 de outubro.
O vindeiro xoves 29 de setembro celebrarase unha sesión ordinaria do Pleno da corporación, que terá lugar ás 13:30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial.
Culleredo retomará as súas 'Rutas Barítimas' do 10 ata o 23 de outubro con votacións a través do móbil e premios por valor de 2.500 euros, para os locais de hostalería máis votado e para as persoas que participen. Daranse cita nas mesmas dous cociñeiros de prestixio, quen valorará as creacións. O prezo da tapa será de 1,90 euros.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, mantivo unha reunión co presidente da Asociación de Veciños Orro Novo Orro Vello, Jaime Parcero Barbeito, coa finalidade de abordar asuntos de interese para a parroquia. O rexedor avanzou o próximo inicio das obras de ampliación da estrada provincial, tendo en conta que a Deputación da Coruña acaba de adxudicar a actuación esta mesma semana.
Esta mañá produciuse unha reunión no Concello de Culleredo entre o alcalde, José Ramón Rioboo; a concelleira de Educación, Jéssica Méndez; e as familias dos alumnos afectados polos recortes de persoal coidador para o curso 2022-2023. Mar Rodríguez, Susana Santamaría e María Mosquera estiveron acompañadas por María Roca, portavoz do AMPA do IES Rego de Trabe.
O Pleno da corporación do Concello de Culleredo celebrará mañá, 21 de setembro, un pleno extraordinario.
Culleredo estreou esta mañá a Feira de Oportunidades da Deputación da Coruña, a última das seis que impulsou o ente provincial e que estará hoxe e mañá en Praza Europa. Ao acto inaugural acudiu o alcalde e deputado provincial, José Ramón Rioboo Castro, xunto aos concelleiros e concelleiras Mario Iglesias, Abraham Seijas, Carlos Liñares, Penélope López, Marta Iglesias, Marta Figueroa e Miguel Suárez.
Culleredo acollerá esta fin de semana a Feira de Oportunidades da Deputación da Coruña, a última das seis que impulsou o ente provincial e que estará o sábado 17 e o domingo 18 de setembro na praza Europa.
O Concello de Culleredo obtivo, tras meses de tramitación administrativa con Patrimonio, debido a que a contorna dos traballos de remodelación da Praza de Galicia atópase en área de influencia do Camiño Inglés, os pertinentes permisos para a licitación da obra, que espera ver a luz nas próximas semanas. Foise adaptando así, progresivamente, aos cambios que requiría o ente autonómico.
As familias do IES Rego de Trabe, coincidindo co inicio de curso, denuncian a falta de persoal coidador para o alumnado con necesidades especiais. A Xunta de Galicia concedeu onte unha nova persoa a media xornada, que aínda non se incorporou, e desde o centro afirman que “optimizarán os recursos cos que contan para este novo exercicio 2022-2023”, xa que un coidador é compartido co CEIP Vila de Rutis.
Continúan as reunións coas Asociacións de Veciños de Culleredo tras os encontros con representantes de Sésamo, Castelo e Río Trabe. Estas citas prolongaranse ata mañá, último día para presentar propostas ao orzamento 2023.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER