O Concello de Culleredo abrirá o vindeiro luns, 9 de setembro o prazo de preinscrición para as Escolas Municipais culturais e deportivas 2024/2025. Poderán formalizarse ata o 16 de setembro; a lista de persoas preinscritas publicarase o 19 e o sorteo público de prazas será o día 25 deste mes.
A preinscrición, e de ser o caso, a matrícula, poderá facerse de dúas maneiras. En primeiro lugar, por correo electrónico, descargando e cubrindo as fichas correspondentes e enviándoas ao correo escolasmunicipais@culleredo.es. Tamén, de forma presencial no Edificio de Servizos Múltiples en horario de 9:00 a 14:00 horas.
A matrícula poderá facerse efectiva do 30 de setembro ao 7 de outubro. As clases empezarán o 21 de outubro de 2024. O prezo xeral por actividade e trimestre será de 25 euros; e de 35 euros para persoas non empadroadas no municipio. Haberá bonificacións para casos concretos, que se poden consultar aquí.
O programa está deseñado tanto para persoas adultas como para nenas e nenos, nas modalidades cultural e deportiva. Así, as persoas interesadas poderán inscribirse en bailes de salón, swing, óleo, inglés, artesanía galega, patchwork, conéctache, Cullerchef, coro infantil, adestramento funcional, ritmo zum fitness, pilates, marcha nórdica, patinaxe, karate ou psicomotricidade.
| Vista previa | Adxunto | Tamaño |
|---|---|---|
| escolas_municipais_20242025.pdf | 2.09 MB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER