O vindeiro martes, 28 de outubro de 2025, ás 10:00 horas, terá lugar o sorteo de parcelas dos hortos urbanos de Culleredo. O sorteo terá lugar na Sala de Xuntas da Casa Consistorial, sita no 1º andar. Lugar de Tarrío, número 12 - Culleredo.
Adxuntamos os listados definitivos dos inscritos e participantes no sorteo.
O Concello de Culleredo lanza un ambicioso plan de formación destinado preferentemente a desempregados e rexistrados no Servizo Público de Emprego con varios cursos que terán 90 prazas e que darán comezo durante o mes de novembro. Os cursos ofertados abarcan desde hostalería, limpeza industrial, manipulación de alimentos, prevención no ámbito sociosanitario, manipulación de cargas ou fomento do emprendemento. Todas estas accións formativas impartiranse no centro Pablo Picasso e os interesados poderán inscribirse do 27 ao 31 de outubro directamente desde a páxina web municipal.
O Concello de Culleredo impartirá os certificados de profesionalidade de 'Operacións básicas de restaurante e bar' e 'Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais'.
O Concello de Culleredo pon en marcha un proxecto de formación para a sostibilidade ambiental: plantación e produción de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos municipais durante o período 2025-2029. A inscrición ábrese o 15 de setembro.
O alumnado do curso de operacións básicas de restaurante e bar finalizou a súa formación teórica cunha proba máis que superada. Agora comeza o apartado práctica na hostalería local.
O servizo de Xuventude, a través do CIPAX -Centro de informacion e Participación Xuvenil do Concello de Culleredo- lanza o curso de monitor/a de actividades de lecer e Tempo libre, que constará de 350 horas (200 teóricas e 150 practicas). Comezará o 10 de abril do 2021cun horario de 9:00 a14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas. Os sábados e domingos, será de 9:00 a14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER