O Concello de Culleredo organiza, en colaboración con cibervoluntarios.org, o plan de formación YoConecto durante os meses de abril, maio e xuño.
O segundo curso denomínase "O teu currículo dixital". Está dirixido a persoas maiores de 18 anos.
A formación desenvolverase entre o 27 e o 30 de abril en horario de 10:00 a 13:00 horas no Centro Municipal de Formación e Emprego Pablo Picasso. Os asistentes poden levar os seus ordenadores ou tablets.
Existe un máximo de 16 prazas que se adxudicarán por orde de inscrición. As persoas admitidas serán publicadas no taboleiro do centro e contactadas telefonicamente.