O Concello de Culleredo organiza, en colaboración con cibervoluntarios.org, o plan de formación YoConecto durante os meses de abril, maio e xuño.
O novo curso denomínase "Seguridade: Protexe o teu mundo dixital".
A formación desenvolverase entre o 8 e 11 de xuño en horario de 17:00 a 20:00 horas no Centro Municipal de Formación e Emprego Pablo Picasso.
Existe un máximo de 16 prazas que se adxudicarán por orde de inscrición. As persoas admitidas serán publicadas no taboleiro do centro e contactadas telefonicamente.