O Concello de Culleredo pon en marcha un proxecto de formación para a sostibilidade ambiental: plantación e produción de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos municipais durante o período 2025-2029. A inscrición ábrese o 15 de setembro.
O alumnado do curso de operacións básicas de restaurante e bar finalizou a súa formación teórica cunha proba máis que superada. Agora comeza o apartado práctica na hostalería local.
O servizo de Xuventude, a través do CIPAX -Centro de informacion e Participación Xuvenil do Concello de Culleredo- lanza o curso de monitor/a de actividades de lecer e Tempo libre, que constará de 350 horas (200 teóricas e 150 practicas). Comezará o 10 de abril do 2021cun horario de 9:00 a14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas. Os sábados e domingos, será de 9:00 a14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
O Concello de Culleredo desenvolve o ciclo de emprego formativo para mozos, na liña dos que xa se fixeron, co obxectivo de formar e dar emprego ao sector de menor idade do municipio cullerdense.
O luns 5 de febreiro arranca o prazo de inscrición para a participación no proxecto de formación para a sostenibilidade ambiental de plantación e produción de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos do Xardín Botánico Ría do Burgo 2018-2019.
O Concello de Culleredo achegará o seu granito de area a axudar aos veciños que se atopan en situación de desemprego de longa duración. O goberno local efectuou a contratación de 10 veciños e veciñas con estas características laborais para conformar unha brigada de medio ambiente e obras.
O Concello de Culleredo concluiu o obradoiro de emprego sobre dinamizacion de tempo libre no que participaron 13 mozos en paro. Agora efectuará un seguimento e intermediación coas empresas para axudarlles na procura de emprego.
O Concello de Culleredo clausurou o plan municipal de formación, lanzado para promover o incremento de competencias profesionais de veciños en situación de desemprego. Foron 145 veciños con estas características os que se formaron coa iniciativa.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER