Convocatoria de prazas no proxecto de hortos urbanos na ría do Burgo

O luns 5 de febreiro arranca o prazo de inscrición para a participación no proxecto de formación para a sostenibilidade ambiental de plantación e produción de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos do Xardín Botánico Ría do Burgo 2018-2019. O Concello de Culleredo quere dar resposta aos  veciños e veciñas  que veñen  amosando desde hai moito tempo interese por un proxecto formativo de horticultura ecolóxica similar ao que se desevolvera nos últimos anos no Xardín Botánico Ría do Burgo.
 
Quérese impulsar unha actividad lúdico-educativa enfocada a  fomentar a participación cidadá na recuperación dunha agricultura respetuosa co medio ambiente a través da creación e mantemento dos hortos urbanos ecolóxicos, creando ao mesmo tempo unha alternativa cultural e de ocio que fomente a súa vez a idea de desenvolvemento sostible.
 
Son varios os obxectivos que se perseguen co proxecto:
  • Fomentar a participación cidadá e do desenvolvemento sostible.
  • Promocionar a educación ambiental no municipio.
  • Impulsar actividades de cohesión social.
  • Coñecer as técnicas de cultivo da agricultura ecolóxica.
  • Sensibilizar no respeto ao medio ambiente.
  • Incentivar o interese pola conservación da biodiversidade.
  • Contribuir á mellora da paisaxe urbana.
Os destinatarios serán veciños e veciñas do Concello de Culleredo. Haberá 29 prazas dispoñibles, duás delas reservadas a asociacións municipais de interese social . Os requisitos para formar parte deste proxecto son as que seguen:
 
I.- No caso de persoas físicas:
  • Ser maior de idade e residir no Concello de Culleredo, figurando no Padrón Municipal de habitantes, cunha antelación mínima de seis meses.
  • Ter  realizado o preceptivo curso de horticultura ecolóxica organizado polo Concello, cun mínimo de asistencia do 80% da súa duración.
  • Inscribirse no sorteo de prazas que se organice para a adxudicación da autorización de uso de parcelas.
  • Ter suficiente capacidade física para realizar as tarefas propias do uso da parcela.
  • Presentar como máximo unha solicitude por cada unidade de convivencia familiar, entendendo por tal, aquelas persoas que convivan no mesmo domicilio calquera que sexa a relación de parentesco existente entre elas.
  • Non ter sido adxudicatario de hortos no anterior proxecto formativo.
 
II.- No caso de asociacións e entidades con personalidade xurídica:
  • Estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.
  • Desinar a persona representante da mesma.
  • Presentar un proxecto no que describan as actividades que van a realizar nos hortos

A adxudicación das prazas efectuarase mediante sorteo público que se celebrará o 28 de febreiro ás 10.00 h no Centro municipal de formación Pablo Picasso. A data de inscrición será desde o 5 de febreiro ata o 20 de febreiro mediante presentación de solicitude no Rexistro municipal.

A formación teórica terá unha duración de 60 horas, e desenvolverase no Centro Municipal de Formacion e Emprego "Pablo Picasso"; a parte práctica desenvolverase na Aula da Natureza e nos hortos urbanos do Xardín Botánico. A realización das prácticas será desde o mes de febreiro de 2018 ata o mes de novembro de 2019. A data prevista para o comezo da formación é o 7 de marzo.

Vista previaAdxuntoTamaño
folleto_hortos_urbanos_anverso.pdf70.54 KB
folleto_hortos_urbanos_reverso.pdf103.26 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina