Formación e Emprego

Clausurado o plan de formación municipal coa participación de 145 veciños

O Concello de Culleredo clausurou o plan municipal de formación, lanzado para promover o incremento de competencias profesionais de veciños en situación de desemprego. Foron 145 veciños con estas características os que se formaron coa iniciativa.

Cursos de apoio para a preparación das competencias clave 2016

O Concello de Culleredo lanza accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego.

Relación de inscritos nos Cursos de Micoloxía

O Concello publica as listas provisionais da preinscripción da XXI edición dos Cursos de Micoloxía 2015. Na segunda edición aínda quedan prazas vacantes

Convocatoria de curso de prevención de construcción (nivel básico)

O Concello de Culleredo, en colaboración coa Fundación Laboral da Construcción, impartirá un curso subvencionado, de nivel básico en prevención de construcción en modalidade mixta  (20 horas presenciais e 40 a distancia).

O botánico acolle un curso de iniciación á apicultura

No mes de abril a Asociación Galega de Apicultura realiza parte do seu programa de formación apícola no Concello de Culleredo. Desde este venres 24 ao domingo 26 celebra un Curso de Iniciación á Apicultura no Xardín Botánico de O Burgo, onde o Concello conta cun apiario urbano.

Os participantes no proxecto de hortos urbanos do Burgo comenzaron a formación en agricultura ecolóxica

Con moita ilusión acudiron á Aula de Natureza do Burgo os 26 participantes no proxecto de hortos urbanos do Concello de Culleredo. Era o seu primeiro día tras resultar afortunados no sorteo que concedeu as prazas no programa, cunha forte formación para que adquiran as competencias necesarias en horticultura.

Plan municipal de formación 2015

O Concello de Culleredo pon o seu gran de area para mellorar as condicións de emprego dos seus veciños en paro. O goberno local deseñou un plan de formación municipal dirixido a persoas en situación de desemprego. Terá un total de 175 prazas con 400 horas de formación tanto teórica como práctica.

A Aula de Natureza celebra unha xornada sobre a vespa velutina

O sábado 21 de marzo con motivo do Día da Abella, a Asociación Galega de Apicultura e Concello de Culleredo organizan unha campaña informativa e de sensibilización sobre a Vespa velutina nigritorax, unha especie de abella invasora. A charla leva por título "Stop Velutina" e terá lugar na  Aula de Natureza do Burgo de 10 a 14 horas.

Programa de horticultura ecolóxica no xardín botánico

O Concello de Culleredo dá un novo paso no seu proxecto de hortos urbanos. Aos xa en funcionamento en Vilaboa, en Vila Melania, uniránselle os do Burgo, no xardín botánico, cun amplo programa de formación. Inscricións ata o 27 de marzo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina